Mostrando entradas con la etiqueta Principio de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Principio de curso. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO CURSO 2023/24


Reencontrarse coas mestras e os amigos do curso pasado, coñecer aos novos compañeiros, volver ás rutinas e ás actividades escolares … A semana pasada desenvolvemos o período de adaptación de grandes e pequenos.



Paseniño fomos collendo o ritmo e xa estamos listos para comezar o novo curso escolar.




martes, 20 de septiembre de 2022

A BIBLIOTECA ESCOLAR

 

Rematado o período de adaptación dos novos alumnos, esta semana comezamos co horario habitual de actividades. Onte foi o día de visita á biblioteca escolar. Alí recibiunos Zapatocas, a mascota, puidemos ver unha chea de libros e levar para casa o que máis nos gustou.




domingo, 18 de septiembre de 2022

BENVIDOS AO CURSO 2022/23

Tras o período estival chega a volta ao cole. É o momento do reencontro cos amigos do curso anterior e de coñecer aos novos compañeiros. O primeiro día arroupados polas familias pero, enseguida, coa autonomía que dá a confianza do ambiente seguro.

Nesta primeira semana os pequenos foron coñecendo espazos e actividades. Os maiores retomando a rutina escolar. Para a vindeira semana, rematado o período de adaptación, comezamos co horario de especialistas. Benvidos ao novo curso!




martes, 21 de septiembre de 2021

COS NOMES PARA CASA

Hoxe, como cada principio de curso, os nenos levaron para casa un pequeno cartel co seu nome para colocar nun lugar visible. Cada ano o nome ten unha complexidade engadida para avanzar no coñecemento da lingua escrita, polo que debe de substituír ao anterior. Podedes colocalo na habitación, na porta do armario, na cociña, no baúl dos xoguetes … pero sempre ao alcance dos cativos. Se vos animades podedes enviarnos unha foto do sitio escollido por eles  a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos as imaxes no noso blog, seguro que aos cativos lle gusta velas.

lunes, 20 de septiembre de 2021

CON CONTIÑOS PARA CASA

 

Hoxe comezou a funcionar a biblioteca escolar recuperando o empréstito de libros que estivo suspendido dende o inicio da pandemia. Cos carnés que realizamos o venres pasado, cada meniño escolleu un libro a súa elección. Van protexidos nunha bolsiña co nome e número de lector. Dentro levan tamén unha nota coas normas de funcionamento. Esperamos que gocedes moito compartindo estas lecturas cos vosos fillos. Se vos apetece podedes enviarnos fotos deses momentos ao correo da escola e publicarémolas neste blog.


viernes, 17 de septiembre de 2021

COÑECENDO A ZAPATOCAS

Hoxe coñecemos a Zapatocas, a mascota da biblioteca escolar. Veuse presentar e a coñecer os nomes dos novos alumnos. Tamén trouxo os carnés de empréstito para que os personificaramos. Con eles o luns poderemos levar contos para casa cando visitemos a biblioteca escolar.


miércoles, 15 de septiembre de 2021

AS CASTAÑAS DA ESCOLA

 

Aínda o verán no chegou a seu fin pero no xardín da escola xa empezan a facer a súa aparición os froitos de outono. O patio de recreo xa está cheo de landras coas que facemos carreiras de coches e inventamos numerosos xogos. Hoxe descubrimos ao pé do castiñeiro unha chea de ourizos e algunhas castañas. Entre todos, con coidadiño para non picarnos, apañamos as que atopamos. Despois repartímolas e levámolas para casa. Xa nos contaredes se estaban ricas e, se vos animades, podedes mandarnos fotos coméndoas ao correo da escola escoladeleiro@gmail.com.



martes, 14 de septiembre de 2021

A HORA DA MERENDA

 

A modiño os pequenos van aumentando o tempo de permanencia na aula. Agora xa merendamos todos xuntos e, se todo segue funcionando igual de ben, o xoves daremos por rematado o período de adaptación.


lunes, 13 de septiembre de 2021

COMEZAMOS!!!

Este curso os alumnos novos son maioría e os primeiros días necesitan explorar o espazo e familiarizarse co novo entorno escolar. Paseniño van descubrindo recantos e material diverso que no transcurso do ano académico iran aprendendo a utilizar.





Mentres, as maiores da aula, van retomando as rutinas e coñecendo aos seus novos compañeiros de xogos. 


miércoles, 1 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021/22

 

Como sucedeu o curso pasado, o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións sanitarias. Dende a escola xa empezamos a traballar para actualizar os protocolos que acaban de publicarse e ter todo listo dende o primeiro día. Estámonos poñendo en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarlles do que está a acontecer e aclarar dúbidas. Polo pronto lamentamos comunicarlles que a reunión fixada para o vindeiro 9 de setembro non poderá realizarse. Ese día comezarán as nenas de 5º de infantil (4 anos) en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os novos alumnos de 4º infantil (3 anos) virán seguindo o calendario da imaxe inferior:

jueves, 17 de septiembre de 2020

O CASTIÑEIRO DA ESCOLA


O verán vai chegando ao seu fin e o castiñeiro da escola empeza a darnos os seus froitos. Grazas a el, hoxe os pequenos descubriron de onde saen os ourizos, que teñen no seu interior e como conseguir sacar as castañas sen picarse. Entre todos apañamos unha chea delas.



En clase separamos algunhas que tiñan buratiños e realizamos un novo descubrimento: as eirugas do seu interior. Vimos como se desprazaban estes animaliños e os danos que ocasionaban no froito. Despois chegou o momento de repartilas e aproveitamos para contar e traballar a serie numérica e a estabilidade no reconto.

O FELPUDO DESINFECTANTE

Son moitas as medidas de seguridade que estamos tomando na escola para extremar a limpeza e a protección contra o virus. Desinfectar os zapatos antes de entrar á escola é unha delas. Onte realizamos varias actividades para aprender a empregar correctamente o felpudo desinfectante e normalizar o seu uso.