martes, 21 de diciembre de 2021

FESTA DE NADAL

 

Aínda que non puidemos xuntarnos cos nenos das outras escolas, si que tivemos unha mañá festiva. Comezamos vestidos para a ocasión e con panxoliñas.


Continuamos cun obradoiro no que creamos diversos obxectos de Nadal.


Recibimos a visita do Apalpador que recolleu as cartas coas nosas peticións e deunos un agasallo. E rematamos a xornada con xogos e bailes. Grazas familias pola vosa colaboración.



A nosa cociñeira Noa animouse a preparar o calcetín de Papa Noel e o rei Melchor. Mirade nas imaxes que chuliños lle quedaron. Grazas familia por enviarnos as fotos de todo o proceso.





AS NOSAS RAÍÑAS DAS FROITAS DO MES

Xa temos as raíñas da froita do mes de decembro. Para merendar trouxeron mazá, mandarina, plátano, arándanos, figos … que ricos!

lunes, 20 de diciembre de 2021

domingo, 19 de diciembre de 2021

POR UN NADAL INCLUSIVO


Zapatocas xa nos fixo chegar a última guía de lectura con todas as novidades que se mercaron dende a biblioteca escolar relacionadas coa inclusión. Preparados para gozar con elas?

A BANDA DE MÚSICA

 

O venres recibimos unha visita moi especial, dous integrantes da Banda Municipal de Ribadumia viñeron a narrarnos o conto musicado CrebanocesGrazas Ruth e Alberto por encher a nosa escola de música.


ALBUMS COMEFROITAS

 

Dende que os Comefroitas nos trouxeron os álbums para cubrir con selos cada día que comeramos froita, son moitos os nenos que se animaron a incorporar este alimento á hora da merenda. Paseniño vanse enchendo de plátanos, arándanos, mazás, mandarinas, fresas, figos … Que ricos!



O REI MELCHOR

 

Despois de Papa Noel, chegan  As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente ás nosas propostas culinarias da fin de semana. Coma sempre optamos por unha receita sinxeliña, pero para os máis atrevidos neste enlace tedes outra opción para elaboralos con galletas.

lunes, 13 de diciembre de 2021

O CALCETÍN DE PAPÁ NOEL

 

Continuamos coa nosa temática de Nadal e propoñemos unha divertida pizza. Se non temos masa de pizza como nos indican neste enlace do que copiamos a receita, podemos utilizar pan de molde. Para os que se animen a cociñar tamén o gorro, nesta páxina tedes como facelo empregando un pemento de piquillo enteiro. E xa sabedes, se vos apetece compartir as vosas creacións, podedes enviar as fotos a escoladeleiro@gmail.com

martes, 7 de diciembre de 2021

AS PROBAS DE DANIELA PIRATA

 

Para conseguir formar parte da tripulación do barco pirata, Daniela tivo que superar sete probas. A primeira, saber pescar. Capturou luras, bacallaus, lagostinos e unha mantaraia. Nós tamén pescamos pero números! A ver quen saca o máis alto…


lunes, 6 de diciembre de 2021

OS COMEFROITAS


Fai uns días a mestra Marta tróuxonos uns persoeiros moi especiais: os Comefroitas. Traían unha carta na que nos invitaban a comer moita froita para estar sans e fortes. Para animarnos a facelo, deixáronnos uns álbums que temos que cubrir. Cada día que os meniños traian froita e a coman, gañarán un selo. Cando consigan sete, serán nomeados reis ou raíñas da froita. Xa comezamos a cubrilos.

O BARCO DE DANIELA PIRATA

 

Dende que limos na biblioteca o contiño Daniela Pirata, encántanos todo o relacionado con el. Estes días o barco pirata de clase converteuse na nave da protagonista.

O RENO DE PAPÁ NOEL

Na nosa proposta culinaria desta fin de semana, traemos un reno de Papá Noel. En clase vimos unha receita sinxeliña empregando coma base un sobao, pero no seguinte vídeo tedes outra opción con madalenas.


miércoles, 1 de diciembre de 2021

SEMENTES DE CABAZA

Xa secaron as pebidas que reservaramos cando baleiramos os calacús para a festa do Samaín. Onte cada meniño levou dez para casa. Pero antes tiveron que contalas intentando non confundirse. Tamén preparamos sobres reciclados para gardalas e etiquetalas. Cando chegue a primavera podedes sementalas.