Mostrando entradas con la etiqueta Os pequenos grandes lectores recomendan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os pequenos grandes lectores recomendan. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

MARTA, TODO CORAZÓN

A pesar da distancia, Marta fainos chegar esta preciosa foto con todo o seu agarimo e un fermoso conto de base: “Así es mi corazón”. Graciñas Marta! Vémonos en setembro!

martes, 14 de abril de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA DE LÍA


Temos unha nova proposta para a nosa sección “Os pequenos grandes lectores recomendan”. Trátase do precioso contiño “De que color é un bico?” que vén acompañado de dúas divertidas suxestión para facer tras a súa lectura. 

A primeira, un marcapaxinas dun bico de moitas cores. A segunda, unha caixiña de bicos para todos ese seres queridos que imos abrazar cando remate esta corentena. Así cando vos entren moitas ganas de ver a alguén, preparades o seu bico para cando poidades estar xuntos. Se todos vos animades a facer a vosa caixiña, cando volvamos á escola poderemos intercambiar eses bicos aprazados.


Continuade enviado as recomendacións deses libros que son especiais para vós. Xa sabedes que podedes escribirnos unha pequena reseña, facer un debuxo, mandarnos unha nota de voz, un vídeo ... Así imos aprendendo xuntos.

martes, 7 de abril de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA DE ROI

Con esta entrada comezamos unha nova sección no blog que imos titular: “Os pequenos grandes lectores recomendan”. Trátase de que, como vos propoñiamos para conmemorar o Día do Libro, fagádesnos chegar recomendacións deses libros que son especiais para vós. Podedes facer como Roi e escribirnos unha pequena reseña cun debuxo ou enviarnos unha nota de voz, un vídeo ... El tamén creou o personaxe principal do conto cunha piña e plastilina, mirade na imaxe que bonito queda. Grazas Roi por compartir connosco a túa elección e creatividade.