Na escola a celebramos o 28, pero era esta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro cando comezaba o novo ano celta. Cabazas, melóns, sandías… todo sirve para facer caveiras con candeas e colocalas nas portas das casas. Aínda estades a tempo de participar desta tradición, pero sobre todo, de pasar un agradable rato en familia. Se necesitades inspiración aquí tedes algunhas fotos da exposición do cole. Para os que queiran saber máis do Samaín clicade aquí. E para os que desexen bailar... este pequeno vídeo.
lunes, 31 de octubre de 2011
viernes, 28 de octubre de 2011
FESTA RACHADA…
Pasámolo de medo, aínda que uns máis ca outros… ¡con tanta bruxa solta!… unhas daban pánico, como a profe Montse co seu nariz curvado; outras risa, como o profe Rafa co seu curto vestido... Hoxe na festa do Samaín tivemos de todo: xogos e carreiras de vasoiras, obradoiro de disfraces e caretas, contos terroríficos, karaoke, exposición de cabazas, magosto… Ata o sol quixo asistir a nosa festa e agasallounos cun día precioso… Sacamos as mesas fóra e degustamos todo tipo de doces feitos polas familias: biscoitos de noces, chulas de calacú, filloas, rosquillas, torta de queixo, madalenas… e por suposto, castañas asadas… Dende a nosa aula queremos dar as grazas a todos os que axudaron a que os cativos puideran disfrutar deste día de festa: ao concello por cedernos o local e traernos o asador; ás mamás por eses doces tan ricos e que con tanto agarimo preparáronnos; aos voluntarios que nos acompañaron, por axudarnos a asar as castañas e a colocar a merenda; aos mestres por organizar e coordinar as actividades; aos cativos por traer as súas cabazas e, cos seus medos e risas, demostrarnos que merecía a pena tanto esforzo.
jueves, 27 de octubre de 2011
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN…
É tempo de baleirar cabazas e na escola tamén queríamos facelo. Na aula tíñamos unha chea, pero todas eran máis ben pequerrechiñas. Onte a mamá de Martiño e a de María trouxéronas xigantes. Unha delas case, case máis grande ca nós. Pero entre todos conseguimos movelas. A mestra fixo os buratos, e nós, aínda que ao principio cun pouquiño de noxo, sacámoslle a polpa, separamos a pebidas e decorámolas…
Xa están listas para a festa de mañá… Non vos esquezades das castañas que tamén temos Magosto.
¡COMO CHOVE!
Tíñamos ganas de que chovera para que se apagaran definitivamente os lumes que víamos cada día no xornal. Pero temos que recoñecer que botamos en falta saír fóra e correr polo patio. Por isto, onte escapamos veloces diante do profe para a clase de psicomotricidade. Nun plis-plas, a metade dos nenos escorregáramos e acabáramos empapados no chan. Para a nosa sorpresa a aula convertérase ¡nunha piscina!… Primeiro choramos pola molladura, despois rimos coa desfeita... a mestra chamou ás mamás para que nos trouxeran unha muda, ao concello para que nos arranchara o ventanal, recollimos todo auga que puidemos e, por último, como era imposible dar clase, cambiamos a psicomotridade por ioga… Grazas á innundación aprendimos a facer o oso, a bolboreta, o crocodilo, a xirafa… Se na casa tamén queredes aprender os recomendamos: ¿Quién soy yo?: yoga para niños de todas las edades.
miércoles, 26 de octubre de 2011
¿QUEN ME QUERE ADOPTAR?
Fai un par de semanas que ando a vagar pola escola. Os primeiros días achegábame aos cativos con ilusión, esperaba as carantoñas ás que estaba afeito. Sen entender o porque, os mestres botábanme fora do recinto escolar. Os nenos querían xogar comigo pero os adultos non lle deixaban. Comecei a pasar fame, a ter feridas, perdín o meu colar pero, sobre todo, empecei a comprender que tiña que escapar das persoas… Hoxe, unha meniña, María, tróuxome as sobras do churrasco de onte, a mestra, aínda que chovía, queríamas dar pero eu escapaba, agora teño medo, estas semanas malláronme moitas veces… ao final a fame puido máis que o medo e achegueime a comer… como eu non podo falar, a mestra pregunta por min: ¿quen me quere adoptar?...
martes, 25 de octubre de 2011
O RÍO TÁMESIS
Pouco a pouco imos aprendendo cousiñas de Londres. Onte no encerado interactivo estivemos vendo o río Támesis ao seu paso pola cidade. Observamos a Ponte da Torre, o Parlamento coa Torre do Reloxo e escoitamos o Big Ben. Pero o que máis nos gustou foi a nora, chamada o ollo de Londres. Entre todos comezamos a elaborar un plano da cidade, xa pintamos o río Támesis e colocamos a Ponte da Torre, a ver que tal nos queda cando estea todo rematado…
sábado, 22 de octubre de 2011
ANIVERSARIO DE ANDREA, PABLO E JOSE ANTONIO
No mes de outubro, somos tres os que estamos de aniversario. Nesta ocasión tivemos que adiantar unha semana a celebración para non coincidir coa festa do Samaín. Pablo comezou mollando as galletas no leite, Andrea botoulle o chocolate e Jose Antonio engadiu outra capa máis de galletas mentres todos axudabamos. O máis divertido foi cantar e apagar as velas.
Aínda que tamén rimos un mundo vendo
as caras manchadas de chocolate... O complicado foi limpar e recoller todo.
Aínda que tamén rimos un mundo vendo
as caras manchadas de chocolate... O complicado foi limpar e recoller todo.
viernes, 21 de octubre de 2011
XOGOS COAS VASOIRAS
Parecía doado aprender o popular xogo da vasoira pero, con nenos de infantil, as cousas non son tan simples como se pensan.
Comprender que tiñamos que pasar a vasoira rápido ao compañeiro do lado antes de que parara a música, sempre no mesmo sentido e sen darlle na cabeza co mango a ninguén, era moito pedir de golpe … Tivemos que realizar varios ensaios pero con paciencia e agarimo, acabamos aprendendo.
O que si entendemos rápido foron as carreiras montados en vasoira, unha mágoa que se nos romperán e non puideramos participar todos.
jueves, 20 de octubre de 2011
¡CANTAS CABAZAS!
Hainas grandes, pequenas, medianas, rugosas, lisas, dunha cor, de dúas, de raias, ovaladas, redondas, alongadas…¡Qué diferentes son ao tacto se as tocamos cos ollos pechados!…
Tamén é divertido intentar imaxinar que parecen: unha pera, un gorro, un nariz… Pódense cociñar, sementar, baleirar, decorar …
Nos libros vimos como temos que facer e collemos ideas para o Samaín…
E falando de cabazas e cabaciñas, podedes visitar a entrada de música do blogue do cole e divertirvos coa canción "Corre, corre cabaciña" que está traballando a profe María.
Tamén é divertido intentar imaxinar que parecen: unha pera, un gorro, un nariz… Pódense cociñar, sementar, baleirar, decorar …
Nos libros vimos como temos que facer e collemos ideas para o Samaín…
E falando de cabazas e cabaciñas, podedes visitar a entrada de música do blogue do cole e divertirvos coa canción "Corre, corre cabaciña" que está traballando a profe María.
miércoles, 19 de octubre de 2011
COMO NOVOS…
Tras varias semanas con obras no patio de recreo, onte por fin puidemos brincar sen obstáculos. Xa temos o parque de xogos arranxado. Está todo pintadiño e tan ben amañado que parece novo… Temos ata dous bancos para nos sentar e papeleiras para o lixo. Agora soamente falta que nos axudedes a coidalo e a evitar que se deterioren.
martes, 18 de octubre de 2011
A BRUXA BRUNILDA
Hoxe no recuncho das cousas de meigas, tivemos a visita de Brunilda. Veu presentarnos a súa colección de contos, prestounos o seu gorro e prometeunos volver outro día se nos portabamos ben. A mestra sacounos fotos pero quedoulle a cámara na escola, así que haberá que esperar a mañá para velas. O que si trouxo foron as primeiras páxinas deste simpático conto editado por BLUME. Picade na imaxe se queredes velo cos vosos fillos.
lunes, 17 de octubre de 2011
PARA MERENDAR…”VASOIRAS DE BRUXA”
Xa sei que o resultado non foi o esperado, nas imaxes da receita saían unhas vasoiras preciosas que nós, coas nosas mans inexpertas, non conseguimos facer… Pero, como sabemos disfrutar das pequenas cousas, logramos que voaran ata nosa boca e, o queixo e os pauciños de pan, desapareceron dentro dela como por arte de maxia.
Para os que se animen a mellorar o resultado na casa, aquí vos deixamos a receita...
viernes, 14 de octubre de 2011
OS VENRES: XOGOS DE RODA
“A la rueda, rueda, de pan y canela”…
Os primeiros días que xogamos non eramos capaces de facer a roda, non sabiamos a canción nin seguíamos o ritmo, soltabámonos con frecuencia, caiamos ao chan… Pero agora somos todos uns espertos… Cada semana intentamos aprender un xogo novo e divertímonos cos que xa sabemos. Ademais estámonos acostumando a esperar quenda, a xogar en grupo e a aceptar a frustración cando non nos elixen, somos o último ou pillannos.
Os primeiros días que xogamos non eramos capaces de facer a roda, non sabiamos a canción nin seguíamos o ritmo, soltabámonos con frecuencia, caiamos ao chan… Pero agora somos todos uns espertos… Cada semana intentamos aprender un xogo novo e divertímonos cos que xa sabemos. Ademais estámonos acostumando a esperar quenda, a xogar en grupo e a aceptar a frustración cando non nos elixen, somos o último ou pillannos.
jueves, 13 de octubre de 2011
GUÍA DE LECTURA DE CONTOS DE BRUXAS
Xa está colgada no blogue do noso centro a guía de lectura de contos de bruxas que preparamos dende a biblioteca. Para os que lle queirades botar unha ollada, picade na bruxa do dente que ultimamente é a preferida dos cativos.
FÉLIX ESTÁ EN LONDRES
Sofía, a protagonista do conto “Cartas de Félix”, recibiu unha carta do seu peluche. En clase, tamén a limos e buscamos nela algunhas palabras significativas para aprender como se escribían á vez que nos imos familiarizando con este tipo de texto. Agora queremos investigar sobre esta cidade e o país onde está situada…
miércoles, 12 de octubre de 2011
HAI SEQUIA
¡Cantos días sen chover!... no rexistro climatolóxico que levamos do mes de outubro, comprobamos que non caeu nin pinga. No xornal limos que hai sitios no que a auga escasea e que teñen que traela con camións cisterna. Non sabíamos como eran estes vehículos pero buscamos información na biblioteca, vimos fotografías e debuxámolos.
Tamén reflexionamos sobre que podemos facer nós ao respecto. No libro ¡Ahorra Agua! de Susaeta, que nos leron as profes, atopamos algunhas ideas, pero sobre todo vimos que non podemos esquecer pechar a billa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)