Remata abril, o mes dos libros, e a Zapatocas pareceulle unha boa idea despedirse del
editando unha guía con algúns deses libriños do Universo cos que traballamos
durante o curso. Esperamos que pronto poidamos volver a abrir a biblioteca
escolar e levalos para casa.
jueves, 30 de abril de 2020
MARCOS REI DA FROITA DE ABRIL
Estamos
rematando abril e Marcos volve a ser o rei da froita tamén este mes. Está feito
un auténtico comefroitas. Lembrades que todos podedes facer como el e ir
anotando no voso álbum os días que a merendades. Tedes que ter 4 diferentes
para conseguir coroa. Se o logrades, mandade a foto e publicarémola.
Tamén podedes
probar a crear os vosos pratos divertidos de froita e enviarnos a receita cos nomes das que empreguedes. Podemos
facer como propón a mestra Marta de Ribadumia nesta entrada e xogar ás adiviñas dos comefroitas. Listos para comezar? Se
queredes practicar neste enlace e aquí
tedes as que fixeron os nenos desa escola.
miércoles, 29 de abril de 2020
AS TARTARUGAS DE ERO E ROSANA
A versión da tartaruga que fixeron Ero e Rosana é moi especial. Mais que debuxar, eles deron
un paso máis e crearon cadansúa escultura. Incluso puxéronlles nomes:
Sofía e Pipo.
Como veremos
no seguinte vídeo, Joan Miró ademais de pintor era un escultor con moita
imaxinación. Animádevos a imitalo e crear as vosas propias esculturas como materiais
da casa como propón a mestra Marta nesta entrada.
CHEGA A FESTA DOS MAIOS
Mañá sería
o día previsto para facer unha das celebracións máis vistosa da nosa
escola: Os Maios. Debido á situación de illamento
na que nos atopamos, non podemos reunirnos pero non por isto imos deixar de
darlle a benvida á primavera de diferentes xeitos. Un deles pode ser facendo
florecer margaridas como no vídeo que nos mandou Marta. Outra secundar a proposta
da mestra Ana #maiosdendeascasas
no seu blog de natureza. Seguro que a vós se vos ocorren moitas máis, animádevos
a compartilas.
martes, 28 de abril de 2020
A TARTARUGA DE ROI
Igual que a mascota da escola, Carmen, a tartaruga de Roi, medrou moito e o seu acuario
quedou pequeno. Por isto están a facerlle un estanque onde poida medrar e vivir
con comodidade. Mirade nas fotos que bonito lle está a quedar, seguro que
Carmen vai estar encantada cando poida vivir aí.
Tamén enviounos
a súa versión da tartaruga de Miró, esperamos que continuedes animándovos a
participar e recibamos moitas máis.
FELICIDADES ÁGATHA
Hoxe é o aniversario de Agatha e a mestra Lupe de música quixo dedicarlle un
vídeo no seu blog de música. Picade na imaxe para acceder a el. Esperamos que
pronto poidamos celebralo na escola. Parabéns Ágatha!!
lunes, 27 de abril de 2020
AS CASTAÑOLAS DE LÍA
Onte Lía
compartiu connosco estas castañolas tan especiais que construíu cuns anacos de
madeira co seu papá. Con elas está a practicar as cancións que aprendeu coa
mestra Lupe. Din que a súa preferida é “Túa nai é meiga”, estamos desexando oír
como soan. Mirade nas fotos como traballaron no proceso de elaboración e que bonitas quedaron. Estades
feitos uns artistas!
Se os demais tamén queredes construír unhas, podedes facelas seguindo as indicacións da mestra Lupe nesta entrada do blog de música, veredes que fácil.
OS LIBROS DE ZAPATOCAS
Zapatocas pediunos unha foto co libro que temos da biblioteca para celebrar o día do libro e xa están chegando ao correo.
Que contento está Zapatocas de volver a vervos! A ver se conseguimos fotos ou vídeos de todos.
viernes, 24 de abril de 2020
OS MONICREQUES DE ROI
Seguindo
a proposta do vídeo da entrada da semana pasada de facer monicreques reutilizando cartóns de leite, Roi
creou dous personaxes moi chuliños. Mirade nas fotos como os fixo e animarvos a
imitalo. Logo podedes xogar a inventar diálogos e pequenas representacións con
eles. A continuación vos deixo outro xeito de facelos empregando como base
folios de cores.
AS NOSAS TARTARUGAS
Xa temos
a primeira versión da tartaruga de Joan Miró baseada nas fotos da mascota da nosa escola. Esperamos recibir
moitas máis, animádevos a envialas ao correo da escola. Para os que necesiten
unha pequena axuda para empezar, no seguinte vídeo tedes un modo fácil de
facela.
MARTA E OS COMPAÑEIROS DE CLASE
Aínda que
os meniños non poidan estar xuntos como desexarían, si continúan a facelo a través da súa imaxinación. Unha boa
proba disto é este emotivo vídeo de Marta onde, representando aos seus
amiguiños da escola con cunchiñas, xoga con eles como si estiveran presentes. Moitas
grazas mamá de Marta por compartir tan fermoso momento connosco e demostrarnos
que coa imaxinación todo é posible.
jueves, 23 de abril de 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO
Hoxe
conmemórase o Día Internacional do Libro con multitude de propostas desde diferentes ámbitos.
Nós seguimos animándovos a celebralo enviándonos eses libros especiais como vos
propoñiamos no Día do Libro Infantil. Pero ademais, queremos festexalo compartindo convosco
varias actividades que consideramos especialmente interesantes. A primeira, o conto
que fixo en familia a mestra María e que quixo compartir connosco a través do
seguinte vídeo.
A
segunda, esta proposta de Zapatocas pedíndovos unha foto co libro que tedes na
casa da biblioteca. No seguinte enlace tedes unha mensaxe del: https://drive.google.com/file/d/1O3bNDYf6Tu311x6veFZmHRTtxH5UxMh2/view
Se queredes
mais información visitade esta
entrada no blog da mestra Marta de Ribadumia
E a
terceira, os contos de Rodari que esta semana nos está a dramatizar a mestra
Montse, cada día un diferente, con monicreques, música e moitas sorpresas máis:
DANIELA TAMÉN QUEDA NA CASA
Hoxe tivemos noticias de Daniela contándonos que están ben e compartindo connosco as actividades que está a facer na casa. Canto nos alegramos!
miércoles, 22 de abril de 2020
MIRÓ E A TARTARUGA
Para
que vexades o moito que medrou nos últimos anos, a mestra Ana colgou no blog de
natureza unhas fotos de Borja, a tartaruga da escola. Aproveitando esas imaxes, propóñovos que
fagades como o pintor Joan Miró e as debuxedes. El pintou unha cando tiña 8 anos empregando as cores da súa imaxinación. Animádevos
a imitalo e mandarnos ás vosas creacións.
martes, 21 de abril de 2020
A TORTA DE QUEIXO DE ROI
Hoxe
vos propoñemos elaborar a torta de queixo que Roi quixo compartir connosco, ten
unha pinta deliciosa. Soamente tedes que
ver a receita e as imaxes. Moitas grazas Roi. Continuade enviando as vosas e
receitas e fotos, paseniño os meniños irán converténdose en auténticos chefs á
vez que avanzan na aprendizaxe da lingua escrita e os seus usos.
lunes, 20 de abril de 2020
O CORVO
Xa temos
a nosa primeira observadora de aves. Lía conseguiu ver un corvo, unha gaivota e
un gorrión. Púxose a investigar sobre o primeiro e realizou a ficha técnica da
imaxe. Se vos tamén queredes aprender cousiñas sobre este animal podedes visitar
este enlace. Seguro que na vosa
casa tamén conseguides ver algún, ¡mandarnos as vosas fotos!.
viernes, 17 de abril de 2020
MARCOS CARPINTEIRO
jueves, 16 de abril de 2020
AVES DESDE CASA
A
principios de curso, a noticia
aparecida no xornal Faro de Vigo sobre a elección da ave do ano 2020, serviunos de detonante para coñecer as características
destes animais. Vimos os oviños da ave gañadora, o paspallás,
e poemas
nos que aparece como protagonista.
Hoxe vos propoñemos retomar o tema
coa lectura dun artigo de La Vanguardia. Con esta actividade pretendemos varios obxectivos. Primeiro que
os meniños retomen a lectura da prensa dixital con novas que poidan espertar o
seu interese, sempre co acompañamento dun adulto e tras unha selección previa
por parte deste. Neste enlace http://kiosko.net/es/geo/Galicia.html
temos acceso a toda a prensa nacional e internacional. Segundo, unirnos ao
proxecto AvesDesdeCasa.
A idea é sinxela, consiste en observar aves dende a fiestra, balcón, patio ou
eira. Pódense facer observacións a simple vista, con binoculares se temos, ou
usando unha cámara. A proposta é que nos enviedes as vosas observacións e
identificacións como queirades, a través de fotografías ou debuxos, con frases
ou textos sinxelos. Para facilitar a observación, deixámosvos este enlace e varias imaxes
coas especies máis comúns. En
entradas posteriores iremos propoñéndovos máis retos e xogos ao respecto, mentres
podedes visitar a entrada http://blogdenatureza.blogspot.com/2020/04/paxaros-dende-as-ventas-balcons-e.html
e facer comedeiros para paxaros con material de refugallo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)