Despois
de todo un ano do máis diferente, chegou o momento da despedida tamén dun xeito
moi distinto. Como non podíamos xuntarnos coas familias e amigos doutras
clases, decidimos seguir a proposta da mestra Marta e argallar “A festa da auga”.
Á escola acudimos co traxe de baño, a toalla, as chanclas, dúas máscaras de reposto
e unha muda de roupa na mochila polo que puidera pasar. Mentres esperabamos a
que o día quentara máis para comezar cos xogos de auga, construímos unha
divertida libélula con pinzas da roupa.
Despois
quentamos motores cos bailes e xogos: O Twist dos ratiños, Son
unha serpe, Tomadiños en parella, O baile dos animais, María a cocotera … con tanto movemento entrou fame e chegou a hora da merenda.
Despois de recuperar forzas o sol xa quentaba. Puxemos os traxes de baño e comezamos cos enredos de auga.
Primeiro
carreiras por grupos para encher os caldeiros
Logo a pescar tapas de plásticos coma se fosen peixiños
Non podíamos
deixar de practicar o noso xogo favorito: o pañuelito pero cunha versión máis
divertida substituíndoo por un globo con
auga.
E para
rematar, a batalla con pistolas de augas e mangueira.
Case sen
darnos conta chegou o momento de secarnos e cambiarnos de roupa
E xa
con todo recollido, aínda tivemos un anaquiño de tempo para facer pulseiras
cunhas peciñas para ensartar que nos deu a mestra Marta. Sen lugar a dubidas
foi unha despedida de curso moi diferente pero do máis divertida.