lunes, 30 de enero de 2017

¡FELIZ DÍA DA PAZ!


Hoxe en todos os centros de ensino celebrase o Día Escolar da Paz e Non Violencia. Na nosa escola tamén o conmemoramos con diversas actividades pero sobre todo cun precioso mural baseado no poema “Desexos”  do libro disco “Canta a lúa coas estrelas”. Esta proposta do equipo de biblioteca consiste en imitar á princesa do mar e a fada do vento e sementar o ceo de flores con desexos dos nenos.

E non queríamos rematar esta entrada sen mandar un biquiño moi especial a todos os compañeiros que andan na casa maliños e non puideron celebrar este día connosco.

jueves, 26 de enero de 2017

NA HORA DE LER… ENFADOS

Antes de Nadal, para saber recoñecer os sentimentos e expresar os nosos enfados sen facer mal, a nosa bolsa de lectura veu cargada de libros que tiñan esta emoción como protagonista. 
Agora xa limos todos e cambiámolos para mergullarnos no mundo das adiviñas. Pero antes de contarvos o que estamos facendo con elas,  queríamos compartir con todos a canción da imaxe que limos no conto “O segredo de Flora” , dende que a aprendemos axúdanos a controlarnos cando nos enfurruñamos.

lunes, 9 de enero de 2017

OS AGASALLOS DO APALPADOR


Unha ambulancia, un coche de bombeiros, un helicóptero, un taxi, un coche de policía, un camión con remolque e un pequeno guindastre … O Apalpador  deixounos na aula unha bolsiña con todos estes vehículos de madeira e unha torta de aniversario con candeas e números. ¡Que ilusión cando a atopamos sen esperala!

domingo, 8 de enero de 2017

FESTIVAL NADAL 2016



UNHA MAÑÁ DIFERENTE

A mamá de Hugo da escola de Ribadumia ensinounos como facer unha postal de Nadal moi especial. Coloreamos, pegamos, estampamos, recortamos e ata empregamos unhas maquinas especiais para cortar con precisión as tarxetas. Graciñas a Noe e Pris por axudarnos a facer cousas tan bonitiñas.