Como en anos anteriores, para evitar o sedentarismo e
adquirir hábitos saudables, cada día saímos a camiñar pola contorna escolar. Facemos
un percorrido de aproximadamente un quilometro que aumentamos ou diminuímos
dependendo do cansazo dos nenos e a climatoloxía. Con estas andainas, ademais de
previr a obesidade infantil, aproveitamos
para observar a natureza e descubrir os pequenos tesouros que nos ofrece.
miércoles, 30 de septiembre de 2020
ANDAINAS
lunes, 28 de septiembre de 2020
QUEN LLE TEN MEDO AS ARAÑAS?...
Hoxe, cando chegamos á biblioteca, Zapatocas, tíñanos
preparada unha inesperada sorpresa: un recuncho sobre arañas. Primeiro quedamos
un chisco abraiados. Despois coa lectura do conto “Eu non fun”, que a nosa mascota
nos deu, vimos porque son tan necesarias.
Para os que non o coñezan, a continuación vos deixamos un vídeo doo conto realizado pola Escola infantil Forcarei
A VOLTAS COA CEBRA CAMILA
jueves, 24 de septiembre de 2020
PIZZA DE SANDIA
Este curso, como medida de prevención e hixiene fronte ao COVID-19, a sesión semanal que dedicabamos a cociñar en clase non poderemos realizala. Pero propoñémosvos continuar mergullando aos meniños no mundo culinario dun xeito diferente. Cada semana na aula traballaremos ao redor dunha receita que levarán para casa. A fin de semana podedes elaborala cos cativos e enviarnos as fotos ao correo da escola.
Comezamos hoxe vendo como cociñar unha rica pizza de sandía e os meniños escribiron a receita que vos deixamos a continuación.
miércoles, 23 de septiembre de 2020
ZAPATOCAS
martes, 22 de septiembre de 2020
¡FELICIDADES MARÍA!
Hoxe celebramos o primeiro aniversario do curso. Este ano
debido aos protocolos sanitarios non podemos facer a nosa tradicional torta de
chocolate. Por agora toca celebralo dun xeito diferente pero tamén divertido.
Non puidemos cociñar pero si cantar e facer xogos coa homenaxeada como
protagonista. ¡¡Parabéns María!!
domingo, 20 de septiembre de 2020
A CEBRA CAMILA
Para
que na casa tamén poidades coñecer este fermoso relato, a continuación vos deixamos
a versión realizada polo CEIP Coiron Dena.
viernes, 18 de septiembre de 2020
COS NOMES PARA CASA
Axudade ao voso fillo a colocalo nun lugar visible (na porta da habitación ou armario, na neveira da cociña, no seu escritorio …) para que dispoña dun modelo para reproducilo e poder avanzar na aprendizaxe da linguaxe escrita. Se vos animades, enviarnos unha foto do sitio escollido a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos as imaxes no noso blog, seguro que aos cativos lle gusta velas.
jueves, 17 de septiembre de 2020
O CASTIÑEIRO DA ESCOLA
O FELPUDO DESINFECTANTE
Son moitas
as medidas de seguridade que estamos tomando na escola para extremar a limpeza
e a protección contra o virus. Desinfectar os zapatos antes de entrar á escola
é unha delas. Onte realizamos varias actividades para aprender a empregar correctamente
o felpudo desinfectante e normalizar o seu uso.
martes, 15 de septiembre de 2020
AS NOSAS NOVAS AMIGAS
Co inicio
de curso, tamén chegan os nomes das novas compañeiras. Estes días estámolos a
empregar para traballar o trazo das letras minúsculas á vez que os meniños
avanzan no coñecemento da lingua escrita.
lunes, 14 de septiembre de 2020
PREPARADOS… LISTOS… XA!
Este curso
a volta á escola veu cargada de normas. O uso da máscara, a distancia de
seguridade, os estoxos individuais para non compartir o material, a clase
cambiada para tentar obter o máximo distanciamento entre os alumnos … Pero a
pesar de tantas regras, os meniños están interiorizando rapidamente os protocolos
e cúmprennos mellor que moitos adultos.
Hoxe a
ANPA do colexio repartiu entre todo os nenos unha máscara que levaron para
casa. A continuación déixovos a imaxe da etiqueta correspondente.