Despois
de todo un curso adestrándonos, por fin deu chegado o día de facer un anaquiño
do Camiño de Santiago. Hoxe ata o tempo acompañou e gozamos dunha espléndida
mañá na que, ademais de camiñar, observamos a fauna e flora da contorna.
A metade de camiño paramos para xogar na praia fluvial. Enredamos coa area, pintamos, a mestra Ana leunos un conto, merendamos, realizamos unha chea de xogos e, sobre todo, rimos moito.
Case sen
darnos conta chegou o momento de continuar coa andaina. Paseniño alcanzamos o
final do percorrido. E antes de rematar co resto dos xogos que tiñamos
preparados, xa veu a hora de marchar.