Xa secaron as pebidas que reservaramos cando baleiramos
os calacús para a festa do Samaín. Onte cada meniño levou dez para casa. Pero antes
tiveron que contalas intentando non confundirse. Tamén preparamos sobres
reciclados para gardalas e etiquetalas. Cando chegue a primavera podedes
sementalas.
miércoles, 1 de diciembre de 2021
SEMENTES DE CABAZA
martes, 2 de noviembre de 2021
BALEIRANDO CALACÚS
Unha das actividades que máis gusta aos meniños
relacionada co Samaín é baleirar cabazas e decoralas. A semana pasada coa
mestra Ana, ademais de facelo, os nenos separaron as pebidas da polpa para obter
sementes que plantar o vindeiro curso.
domingo, 24 de octubre de 2021
CABAZAS E PANTASMAS
Xa que andamos a voltas cos calacús, non podíamos deixar
de levalos ás nosas propostas culinarias da fin de semana. Como vedes na
receita, dun xeito moi sinxelo podemos converter unha mandarina nunha saborosa
cabaza e un plátano nun divertido pantasma.
martes, 19 de octubre de 2021
AS CABAZAS DE YAYOI KUSAMA
O día da festa do Samaín realizaremos unha exposición de
cabazas decoradas na que vos animamos a participar. Hoxe en clase estivemos
vendo varios vídeos de como facer para baleiralas, aínda que tamén podemos adornalas
sen necesidade de cortalas.
Inspirándonos na artista xaponesa Yayoi Kusama decidimos decorar unha empregando pegatinas de círculos de cores. A esta artista contemporánea encántanlle as cabazas e ten un xeito moi particular de representalas. Paseniño iremos coñecéndoa.
lunes, 18 de octubre de 2021
A FESTA DAS CABAZAS
Como Zapatocas sabe que o vindeiro 29 de outubro celebraremos
a festa do Samaín na escola, preparounos un recuncho cheo de libros que teñen a
cabaza coma protagonista. Estivemos véndoos todos, aínda que os que máis nos
gustan son “Corre corre, cabaciña” e “Os Bolechas van á festa dos calacús”.
miércoles, 28 de octubre de 2020
A CABAZA DE MARTA
Xa chegou
a primeira cabaza para a exposición que realizaremos o venres. Mirade que
chuliña lle quedou coa súa dobre mensaxe de: "Todo vai saír ben" e "Sentidiño".
viernes, 1 de noviembre de 2019
SAMAÍN E MAGOSTO 2019
martes, 29 de octubre de 2019
viernes, 16 de noviembre de 2018
CONTANDO ATA DEZ
Hoxe cada meniño levou dez para sementar na casa cando chegue a primavera. Pero antes tiveron que preparar os sobres con folios reciclados para gardalas. E despois, contar e separar dez sen confundirse. Na casa podedes volver a contalas con eles e os que descubrades que aínda non saben a cantinela ou enganasen no reconto, axudarlle nas vindeiras semanas a conseguilo.
jueves, 1 de noviembre de 2018
SAMAÍN 2018
Pero antes, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro o Seprona explicounos como podemos axudar a coidar o medio ambiente. Despois, bailamos ao ritmo da banda de música e tocamos os seus instrumentos. Recuperamos forzas cunha merendola aterradoramente deliciosa que prepararon as familias dos nenos de cinco anos. Coa barriguiña chea recibimos á bruxa Montse, que coa axuda das mestras Olalla, Ana, Belén e Olalla, dramatizaron un arrepiante conto que nos encantou. Todo isto sen esquecer unha espectacular exposición de cabazas e un rico Magosto. Moitas grazas a todas as familias pola súa axuda e colaboración, e en especial ás que estiveron toda a mañá asando castañas a pesar da choiva e o frío.
martes, 30 de octubre de 2018
¡GRACIÑAS ELENA!
miércoles, 1 de noviembre de 2017
SAMAÍN 2017
viernes, 27 de octubre de 2017
UN CALACÚ MOI ESPECIAL
sábado, 29 de octubre de 2016
SAMAÍN 2016
Cos seus feitizos acabamos todos convertidos en momias e bailando “La momia de colores” baixo as indicación da mestra Olalla. E para rematar, a Banda Municipal de Ribadumia deleitounos coa súa musica. Graciñas a todos os que fixeron posible a festa e en especial aos que asaron as castañas.
martes, 24 de noviembre de 2015
CONTANDO SEMENTES DE CALACÚ
miércoles, 28 de octubre de 2015
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN
miércoles, 3 de diciembre de 2014
SEMENTES PARA CONTAR
martes, 19 de noviembre de 2013
DEZ SEMENTES DE CALACÚ
jueves, 14 de noviembre de 2013
A FESTA DO CABAZO
jueves, 22 de noviembre de 2012
LISTAS PARA LEVAR…
Despois
de varias semanas de espera, fai uns días que as
sementes das cabazas que baleiramos para o Samaín por fin secaron e
puidemos seguir traballando con elas. O primeiro que fixemos foi preparar uns
sobres para poder levalas para casa. Era moi importante que lle puxeramos o
nome e o que contiñan para evitar equivocacións. Os maiores en letra ligada, os
medianos en maiúscula e, os máis pequenos, con letras móbiles porque ata fai pouco
aínda tiñamos moitas dificultades para controlar o trazo.
Outro día dedicámolo
a contar. Cada un de nós debía levar dez e para iso hai que saber a “cantinela”
sen confundirse: 1, 2, 3, 4, 5, 6 ... O paso seguinte era ter claro cando e
como sementar.
Buscamos información na
biblioteca. No libro “De
la maceta a la cazuela” atopamos o que necesitabamos. Coa axuda da mestra
limos o proceso, seguimos a orde dos números e fixemos fotocopias para todos. Hoxe
por fin rematamos todo o traballo e levamos para casa as sementes, a maceta e a
información necesaria para unha correcta plantación.
Xa nos contaredes en
primavera que tal medran. Esperamos que para o vindeiro Samaín tiñamos todos
uns calacús tan grandes como os da avoíña de María, dende aquí mandámoslle un biquiño
moi especial por compartir connosco as súas cabazas.














































