Esta é a máquina
na que lle gustaría viaxar a Gabriel. Como moitos dos nenos de clase non
coñecían este medio de transporte, buscamos libros que falaran del e atopamos
varios datos curiosos. Un deles é que a torre do rañaceos Empire State de Nova York que viramos fai unhas semanas, construíuse para que servise como porto de amarre de dirixibles, pero non funcionou
debido ás condicións do vento a esa altura. O accidente do Hindenburg supuxo o fin dos dirixibles como medio
de transporte.
Mostrando entradas con la etiqueta Máquinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Máquinas. Mostrar todas las entradas
sábado, 15 de junio de 2013
domingo, 14 de abril de 2013
domingo, 7 de abril de 2013
PARA MERENDAR… ¡UN TREN!
Xa
que andamos a voltas coas “máquinas para viaxar”, non podíamos deixar de
argallar algo relacionado co tema no noso obradoiro de cociña. No libro “Cocinar es divertido”
atopamos o que andabamos buscando: un tren. 
Cambiamos algúns dos ingredientes para adaptalos ás nosas necesidades. Substituímos a maionesa por queixo de untar e as salchichas por pauciños de pan. O martes, redactamos a nota para lembrarnos do que tiñamos que traer e, o venres, antes de escribir a receita, ensaiamos para aprender a facer a serie: pan, queixo, pan, xamón e pan.
Ao principio enredámonos
un pouquiño pero pronto os vagóns
tomaron forma. Pegamos con queixo as rodas, colocamos a cheminea e ¡a comer!...
Para os que se animen a cociñar trens, barcos, coches… nas imaxes tedes un par de propostas para esta chuviosa tarde de domingo sacadas de “Mi primer libro de cocina”. Xa sabedes, se nos enviades as foto-receitas coas vosas creacións, publicarémolas para aprender todos a facelas.

Cambiamos algúns dos ingredientes para adaptalos ás nosas necesidades. Substituímos a maionesa por queixo de untar e as salchichas por pauciños de pan. O martes, redactamos a nota para lembrarnos do que tiñamos que traer e, o venres, antes de escribir a receita, ensaiamos para aprender a facer a serie: pan, queixo, pan, xamón e pan.

Ao principio enredámonos
un pouquiño pero pronto os vagóns
tomaron forma. Pegamos con queixo as rodas, colocamos a cheminea e ¡a comer!...Para os que se animen a cociñar trens, barcos, coches… nas imaxes tedes un par de propostas para esta chuviosa tarde de domingo sacadas de “Mi primer libro de cocina”. Xa sabedes, se nos enviades as foto-receitas coas vosas creacións, publicarémolas para aprender todos a facelas.
jueves, 21 de marzo de 2013
FELIZ DÍA DA POESÍA
Hoxe,
día mundial da
poesía, quixemos conmemorala comezando un poema que terá dezanove rimas,
tantas coma nenos somos en clase. Imitando a Ana Mª Fernández e os seus versos
“Polas rúas”, estamos a
inventar outros empregando os nomes propios dos nenos e o transporte que elixen
no caderno “máquinas
para viaxar” que anda a visitar os fogares dos cativos. 
Comezamos co tren, buscamos
na biblioteca os libros que temos relacionados co tema e aproveitamos para
aprender cousas relacionadas con el. A primeira protagonista é Mencía, pero nas
vindeiras semanas iremos engadindo nesta mesma entrada o resto das nosas
creacións, esperamos que vos guste viaxar con nós polas rúas de…martes, 12 de marzo de 2013
MÁQUINAS PARA VIAXAR
Este é o tema do caderno viaxeiro que xa comezou a
visitar os fogares dos cativos da nosa aula. Como sabedes este ano o Salón do
Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está dedicado ás máquinas.
Na nosa escola, tamén imos traballar ao redor deste tema con diferentes
propostas. “Maquinas para viaxar” é unha delas. Cada neno, coa axuda da súa
familia, escollerá unha máquina na que lle gustaría viaxar, cunha única
condición: non se poden repetir as que xa estean escollidas. Posteriormente en
clase traballaremos ao redor do medio de transporte elixido. Se o desexan,
tamén poden traer información ao respecto para contar aos compañeiros o que descubriron. Por agora sabemos que...lunes, 25 de febrero de 2013
A TODA MÁQUINA…

No Pazo da Cultura de Pontevedra, unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil dará comezo o vindeiro sábado día 2 e permanecerá aberto ata o 23 de marzo. A entrada é gratuíta e a maioría das actividades que se realizarán tamén. O programa xa se pode consultar clicando aquí. O horario de apertura será: De luns a venres de 17.00 a 20.30h; sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30h. Este ano o tema central serán as máquinas: …“inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.”… “A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos.”… Benvidos ao mundo das máquinas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















