domingo, 29 de abril de 2018

MAIOS 2017

Como cada ano, para darlle a benvida á primavera, na nosa escola celebramos a festa dos Maios. Aínda que a mañá comezou anunciando choiva, o sol foi gañando terreo e todos puidemos gozar da nosa celebración no exterior.  Obradoiros de confección de colares, coroas e música con material de refugallo da man de Matrácala, iniciaron unha xornada  chea de flores e fiúncho. Despois da merenda,  musica e bailes en compañía das familias puxeron o punto final a un día cheo de actividades. Moitas grazas a todos pola súa colaboración e, en especial, ao papá de Suevia e as mamás de Breixo e Lucía, pola súa axuda na construción e decoración do Maio.

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Onte, para celebrar o día do libro, a ANPA da escola trouxo unha preciosa caixa de contos para a biblioteca escolar e plantiñas para todos. ¡Moitas grazas por este bonito agasallo!
Dende a biblioteca escolar tamén o conmemoramos editando unha guía de usuarios para dala a coñecer entre a comunidade educativa. Nela inclúese unhas nocións básicas sobre a súa organización con códigos de números e cores.

Este sistema de clasificación se denomina Clasificación Decimal Universal (CDU) e axúdanos a atopar con facilidade os libros que buscamos. Cos meniños fomos lendo e coloreando os códigos. Despois xogamos a atopar as materias nos andeis e, coa axuda da guía, as maiores rapidamente localizaban os libros.

viernes, 20 de abril de 2018

ALIMENTATE BEN E SOLIDARIDADE

Onte foi unha mañá intensa.  Con motivo da visita dos responsables da protectora de animais O Refugio de Cambados, os meniños chegaron á escola cargados de obxectos e materiais para doar. En nome de todos os animaliños que viven nas súas instalacións: ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!. Despois de ver todos os produtos cos que podemos colaborar e a gran utilidade que teñen, pasamos a realizar un marcapáxinas  de canciños para conmemorar o día do libro que se celebrará o próximo luns. 
Mentres, as cociñeiras do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata” prepararon xogos e actividades para ensinarnos os beneficios de incluír o peixe na nosa dieta. Case sen darnos conta, chegou o momento de elaborar os bocatas cos ingredientes a gusto de cada comensal: atún, sardiña, mexillóns, calamares … despois viñeron os agasallos: unha gorra e un receitario para preparar ricos bocadillos.
Tras o recreo, veu Olga coas súas mascotas para explicarnos o traballo que realizan na protectora e o seu programa de Educación en Valores. Pero sen lugar a dúbidas, o que máis nos gustaron foron as mascotas.


sábado, 14 de abril de 2018

O CARACOL REMOLDIÑO

Despois de elaborar a “Miau”, no noso obradoiro de cociña dedicado aos contiños ilustrados por Óscar Villán, fai unhas semanas tocoulle quenda a “O caracol Remoldiño

jueves, 12 de abril de 2018

TRABALINGUAS

O pasado día 21 de marzo, para conmemorar o Día da Lingua Materna, comezamos a traballar na aula ao redor dos trabalinguas. Durante o terceiro trimestre imos xogar e recuperar estes ditos populares que resultan difíciles de pronunciar sen se trabucar. 
En clase aprendemos o do Cuco que aparece na imaxe superior e que copiamos do libro de Everest “Trabalinguas”. Pero queremos coñecer moitos máis, principalmente aqueles que forman parte da tradición oral
Por isto, hoxe comezou a funcionar un caderno viaxeiro que pasará por todos os fogares dos meniños para que, coa axuda da súa familia, escriban e ilustren un trabalinguas. Se queredes ir practicando tedes moitos exemplos en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/page/2/

Para deseñar a portada as maiores imitaron as letras de Óscar Villán que tanto lles gustan facer. Despois veu o máis complicado: ordenalas correctamente e ir seleccionado as que faltaban para escribir a palabra correctamente.

martes, 10 de abril de 2018

OS BOCATAS DE PEIXE TEÑEN PREMIO


Hoxe, Breixo e Rodrigo do aula de Ribadumia viñeron a contarnos como na súa clase comer peixe ten premio. O día da semana que toca bocadillo, se o traen de sardiña, atún, mexillóns, calamares, polbo, berberechos, ameixas… e o comen, logran unha pegatina para un álbum. Cando o completan, gañan unha sorpresa. Como gustounos  esta iniciativa para fomentar o consumo de peixe, a partir da vindeira semana na nosa aula tamén poñerlle as pilas ao bocata vai ter premio.

domingo, 8 de abril de 2018

COMEZA O SALÓN DO LIBRO

O venres tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a inauguración da edición XIX do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que durará ata o 29 de abril.  Baixo o tema “Mulleres de conto” desenvolveranse multitude de actividades interesantes adaptadas ás idades dos nosos alumnos. Podedes consultar o programa neste enlace.

jueves, 5 de abril de 2018

BOLBORETAS E GOLFIÑOS

BOLBORETAS
Cada curso, dependendo das peculiaridades dos nenos da clase, o grupo se subdivide en dous para traballar cun número máis reducido de alumnos en determinadas actividades. Despois os meniños fan propostas de como queren chamarse e votan para elixir a que máis lle gusta. Este ano optaron por bolboretas e golfiños. Aínda que a elección xa a fixeron en trimestres anteriores, ata agora non fixemos a presentación oficial.
GOLFIÑOS