E despedimos o ano con estes vídeos que elaboraron as mestras Malú e Olalla e nos que participaron todos os meniños do colexio.
jueves, 31 de diciembre de 2020
miércoles, 30 de diciembre de 2020
martes, 29 de diciembre de 2020
FESTA DE NADAL 2020
Este ano a nosa festa de Nadal tivo que ser diferente pero
non por iso menos divertida. No transcurso da mañá creamos árbores de Nadal
xigantes, escribimos as cartas aos Reis e a Papá Noel empregando catálogos de
xoguetes, realizamos xogos de habilidade, cancións, bailes … E por suposto a
visita da Apalpadora!
lunes, 28 de diciembre de 2020
lunes, 21 de diciembre de 2020
ANIMAIS
Como xa todos sabedes, este curso a mestra Malú anda a ensinarnos moitas palabriñas na lingua de signos. Secundando a idea da mestra Marta de Ribadumia, aproveitamos a sesión semanal que Malú ten connosco na aula para que nos axudara a aprender os signos das que aparecen no libriño “Animais”. Paralelamente e paseniño, ao longo do trimestre, fomos reescribindo e memorizando este contiño. A semana pasada rematámolo e o venres levámolo a casa para poder cantarllo á familia. Para os que lle esquecera algún signo, no seguinte vídeo tedes todos na adaptación feita por Tareixa Martínez Barral e na que nos baseamos.
sábado, 19 de diciembre de 2020
O REI MELCHOR
A semana pasada propuxemos cociñar a Papá Noel, esta
tócalle quenda ao rei Melchor. Marta xa o elaborou e mirade nas fotos que
chuliño lle quedou. Quen máis se anima?
jueves, 17 de diciembre de 2020
domingo, 13 de diciembre de 2020
sábado, 12 de diciembre de 2020
UN PAPÁ NOEL DE PLÁTANO
O Nadal continua sendo o tema das nosas propostas culinarias da fin de semana. Xa cociñamos os renos e agora tócalle quenda a Papá Noel. Preparados?
Na nosa receita optamos por unha brocheta, pero neste
enlace tedes outras opcións e aquí
unas divertidas versións con pan de molde.
viernes, 11 de diciembre de 2020
O APALPADOR
Como xa vén sendo unha tradición na nosa escola, coa chegada do Nadal traballamos ao redor da figura do Apalpador para dar a coñecer este personaxe das montañas do Courel. Para os que aínda non coñezan a súa historia, a continuación vos deixamos este vídeo do CEIP Coirón Dena.
Todos os anos, os meniños escríbenlle unha carta na que
lle piden algún xoguetiño de madeira para a clase. El adoita vir recollelas ao
noso festival de Nadal. Debido á pandemia, este curso non poderemos realizalo. Pero
o Apalpador recibirá igualmente as misivas.
O PAPÁ NOEL DOS ANIMAIS
martes, 8 de diciembre de 2020
OS RENOS DE MARTA, NOA E ERIK
Xa temos as creacións dos nosos cociñeiros desta longa fin de semana. Presentamos tres versións diferentes e todas espectaculares. Coma bos creadores que son, adaptaron o prato aos ingredientes que tiñan. Mirade nas fotos coma os resultados foron moito mellores que a receita orixinal.
viernes, 4 de diciembre de 2020
O RENO DE PAPÁ NOEL
Continuando coa temática do Nadal, esta fin de semana
chegan ao noso obradoiro de cociña os renos de Papá Noel. Listos para elaboralos?
No vídeo aanterior, tedes una versión con pasteliños de chocolate. Na nosa
receita propoñemos substituílos por sobaos cubertos de crema de cacao. Coma
sempre, neste enlace tedes moitas opcións para estimular a vosa creatividade.
jueves, 3 de diciembre de 2020
ABRIMOS OS NOSOS PARAUGAS…
miércoles, 2 de diciembre de 2020
ARACNOFOBIA
A través do contiño “O gran libro dos medos do rato pequeno” descubrimos que todo o mundo lle ten medo a algo. Ás alturas, aos monstros, a caer polo desaugadoiro, á escuridade … expresalos axuda a afrontalos e iso foi o que fixemos a semana pasada. Cada meniño falou dos seus. No seguinte vídeo vimos que o temor ás arañas é un dos máis frecuentes pero tamén nos mostrou por que as arañas son tan especiais.
martes, 1 de diciembre de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
Este xoves 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Queremos sumarnos un ano máis á iniciativa “Baixo un mesmo paraugas” e para iso necesitamos a vosa colaboración. Como podedes participar? Facede unha foto divertida en familia co voso fillo ou filla, levando cada un o seu paraugas aberto. Pensade nun desexo para completar a frase: Abrimos os nosos paraugas por …
Facendo clic nesta páxina podedes ver fotos doutras persoas e os seus desexos por se necesitades inspiración. Mandade por correo electrónico as vosas fotos e frases para que poidamos empezar a publicalas no noso blog o 3 de decembro, colaborando así na defensa e visibilidade das persoas con discapacidade. Picando neste enlace podedes ver o que fixemos o curso pasado. Animádevos a participar!
lunes, 30 de noviembre de 2020
SABES COMO ME CHAMO?
A ÁRBORE DE NADAL DE ERIK
O noso blog continúa vestíndose de Nadal. Nesta ocasión
grazas á árbore de Erik. Mirade que ben lle saíu.
domingo, 29 de noviembre de 2020
A ÁRBORE DE NADAL DE NOA
Xa temos a seguinte árbore de Nadal. Nola envía Noa cunha
versión realizada cun pauciño de pan e decorada con Lacasitos de cores. Mirade na
foto que bonita queda.
O NOSO NOME NA LINGUA DE SIGNOS
Grazas á mestra Malú, estamos aprendendo o abecedario e algunhas palabras na lingua de signos española (LSE). Hoxe vos deixamos este vídeo co alfabeto e unha proposta. Trátase de que animades aos nenos a deletrear o seu nome empregando esta lingua coma facemos na escola. Neste enlace tedes un exemplo de como o fan os alumnos do CEIP Tierra de Pinares. Se vos animades a enviarnos un vídeo facéndoo, publicarémolo. Pode participar toda a familia, será divertido tentar adiviñar como se chaman.
sábado, 28 de noviembre de 2020
A ÁRBORE DE NADAL DE MARTA
Xa temos a nosa primeira árbore de Nadal. Mirade na imaxe
que nos enviou Marta que chuliñas lle quedan as cereixas coma se fosen bólas.
viernes, 27 de noviembre de 2020
A ÁRBORE DE NADAL
O Nadal chegou ás nosas propostas culinarias e nada mellor
que comezar pola árbore. No vídeo que
vos deixamos a continuación tedes unha opción moi divertida. Nós optamos por
escribir unha receita máis sinxeliña pero neste enlace tedes multitude de
opcións moi creativas e nutritivas.
jueves, 26 de noviembre de 2020
BUSCANDO EIRUGAS
Agora que sabemos o
moito que comen as eirugas e os estragos que ocasionan nos vexetais que
colonizan, axudamos á mestra Ana a localizalas antes de plantalas no xardín da
escola.
miércoles, 25 de noviembre de 2020
VIOLENCIA CERO
Baixo o lema de “Violencia cero”, dende a escola unímonos
á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
lunes, 23 de noviembre de 2020
UN NADAL DE CONTO
Hoxe Zapatocas, a mascota da biblioteca escolar, tiña
preparada unha sorpresa moi especial para nós. Unha árbore de sobres reciclados
e un recuncho cheo de contos de Nadal. Nunha carta contábanos que debíamos buscar
o número do día de hoxe e sacar a imaxe dun conto sorpresa. Tras atopalo no
recuncho, soamente tíñamos que gozar da súa lectura. E foi o que fixemos … porque
o Nadal xa chegou á biblioteca escolar.
AS BOLBORETAS DE MARTA
Marta tamén animouse a cociñar bolboretas pero enriquecendo a nosa proposta cunha nutritiva variante feita con froitas. Mirade nas fotos que ben lle saíron e que boa pinta teñen.