martes, 31 de mayo de 2016
lunes, 30 de mayo de 2016
REMATAMOS CON MANUEL MARÍA
Aínda que gozamos elixindo, lendo e ilustrando
os textos de Manuel María, a semana pasada dimos por rematado o traballo ao seu
redor co poema “O autobús” que
realizamos entre todos a proposta do equipo de biblioteca do centro. Cada clase
elaborou un dos publicados en “Primavera das letras” e con todos decoramos a biblioteca do colexio para renderlle
unha pequena homenaxe ao autor. Pero sen lugar a dúbidas o que máis gustou aos
cativos foi representarse montándose nese velliño bus que na súa imaxinación
lles leva á escola.
viernes, 27 de mayo de 2016
jueves, 26 de mayo de 2016
XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL
Unha charla sobre educación vial adaptada a idade dos nosos alumnos, vídeos sobre a importancia
de desprazarnos de xeito seguro, un obradoiro de cociña para elaborar un
semáforo, un circuíto para aprender a conducir coas nosas bicicletas e
patinetes grazas a Paco Torres da Autoescola Barrantes, visita ao interior dun coche patrulla e … ¡ata montamos na moto dos axentes da DXT!. A pesar
da choiva, o martes na escola de Sisán pasámolo xenial, tivemos de todo, dende
unha merenda de sinais de tráfico ata a creación do noso propio carné de
conducir con selo oficial do CRA de Ribadumia, mirade na seguinte presentación
que ben o pasamos. Graciñas a todos os que co seu esforzo e colaboración fixeron
posible o desenvolvemento desta actividade.
miércoles, 25 de mayo de 2016
martes, 24 de mayo de 2016
lunes, 23 de mayo de 2016
REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE GOYA
Durante todo o trimestre levamos moito traballiño para elaboralo, pero graciñas a el, coñecemos bastantes obras do autor, algúns datos importantes da súa biografía,
traballamos os números ata o 31, repasamos os meses do ano e a diferenza entre
os días laborables e festivos. Pero sobre todo seleccionamos e limos libriños
que falan de Goya e as súas creacións.
A través deles descubrimos a familia
real e os números romanos, a festa de San Isidro Labrador e o seu refrán, os
horrores da guerra e como superar os medos a través da pintura.
domingo, 22 de mayo de 2016
CARLA VIAXA SEGURA, ¿E TI…?
Xa temos a nosa primeira participante da escola de Leiro na campaña de educación vial “Eu tamén viaxo seguro” que estamos a desenvolver no colexio. A ver se entre todos conseguimos que ninguén poña un coche en marcha sen que os meniños estean ben atados e protexidos na súa cadeira.
sábado, 21 de mayo de 2016
jueves, 19 de mayo de 2016
RATÓN QUE TE PILLA EL GATO
Dende que un destes
venres chuvioso viramos como a mestra Marina e os nenos de Sisán xogaban á hora
do recreo no Local Social a “Ratón que te pilla el gato”, tíñamos moitas ganas de aprender. A semana pasada xa
que andábamos a voltas co conto de Manuel María “O bigote de Mimi” e os problemas deste gatiño cos ratos, aproveitamos
para practicar o xogo.
martes, 17 de mayo de 2016
PARA MERENDAR… ¡UN POEMA DE MANUEL MARÍA!
Xa que andamos a voltas con Manuel María decidimos
celebrar o Día das Letras Galegas cociñando un dos seus poemas: “A lebre”. Para
os que desexen imitarnos, a continuación vos deixamos o poema e a receita.
lunes, 16 de mayo de 2016
I CONCURSO DE DEBUXO DAS LETRAS GALEGAS
O concurso de debuxo organizado pola ANPA do noso colexio
para conmemorar o Día das Letras Galegas, serviunos de incentivo para traballar
ao redor dos poemas de Manuel María. Cada cativo escolleu, escribiu e ilustrou
o seu favorito do libro “Os soños na gaiola” que ten publicado o autor. Como ademais
había que incluír os datos persoais, repasamos os número de teléfono, a idade e
ata o curso escolar. Levamos moito traballiño pero todos os meniños quedaron encantados co
resultado.
jueves, 12 de mayo de 2016
¡EU TAMÉN VIAXO SEGURO!
Dende a escola queremos salientar a
importancia que ten na prevención de lesións en caso de accidente viaxar utilizando os sistemas de retención infantil. Para impulsar o seu uso e concienciar
ás familias da necesidade de empregalo sempre aínda que sexan desprazamentos
curtos, iniciamos a campaña ¡Eu tamén viaxo seguro!.
Trátase de concienciar aos
meniños da necesidade de ir ben sentadiños na súa cadeiriña, abrocharse o cinto
de seguridade antes de arrincar o coche e non quitalo ata que o motor estea apagado.
A proposta é que enviedes ao noso correo escoladeleiro@gmail.com unha foto do cativo
no coche sentando na súa cadeiriña co cinto posto. Con todas elas faremos unha
exposición e publicarémolas no blog.
martes, 10 de mayo de 2016
O RESCATE DOS GOLFIÑOS
Aínda que nas últimas semanas non publicamos ningunha
entrada relacionada coas nosas actividades co xornal, foron moitas as novas ao
redor das que traballamos na aula. O 400 aniversario da morte de Miguel de
Cervantes, os accidentes provocados polo xabaril nas nosas estradas, a viaxe dun can nun coche tras ser atropelado, a nosa festa dos maios … pero a que máis nos gustou foi a do rescate de dous golfiños na illa de A Toxa.
lunes, 9 de mayo de 2016
COÑECENDO A MANUEL MARÍA
Este ano o Día das Letras Galegas está
dedicado ao autor Manuel María Fernández Teixeiro. Son numerosos os poemas que ten publicados
adaptados as idades dos nosos alumnos e nos vindeiros días irémolos traballando.
Hoxe, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, descubrimos un recuncho que
nos tiña preparado Zapatocas cos libros que temos deste escritor. Limos o seu conto “O bigote de Mimi”, escoitamos algúns dos seus poemas musicados no libro “Canta o cuco” e
recitamos moitos do precioso exemplar “Os soños na gaiola”.
Se na casa queredes coñecer algúns dos poemas
do autor e aprender xogado coas actividades LIM do Seminario Galán, podedes
facer clic enriba das imaxes.
sábado, 7 de mayo de 2016
FLORES DE FROITAS
A primavera tamén chegou ao noso obradoiro de
cociña. Nada mellor que unha nutritiva e
saudable merenda de flores de mandarina e amorodo para darlle a benvida.
jueves, 5 de mayo de 2016
DESPEDÍMONOS DE CANARIAS
Aínda que con moito retraso con respecto a
cando o tíñamos previsto, onte por fin desmontamos o recuncho de Canarias e
deixamos sitio para comezar a crear o espazo dedicado a Aragón. Así que xa
sabedes, se na casa tedes
contos, revistas, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos,
folletos ou publicidade de axencias de viaxes, receitas… relacionado con
esta Comunidade Autónoma e
adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo traer para o
noso novo recanto.
miércoles, 4 de mayo de 2016
A MIN GÚSTAME LER EN…
Entre outras moitas actividades, este ano na escola
quixemos celebrar o día do libro facendo unha exposición fotográfica na festa
dos Maios baixo o lema: “A min gústame ler en…”. Cada pequeno, coa axuda da súa
familia, retratouse lendo no seu lugar favorito. Para todos aqueles que non puideron vela o
día da festa, a continuación publicámola en formato dixital, esperamos que vos
guste.
martes, 3 de mayo de 2016
EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA
Apañamos flores e fixemos compost; plantamos chícharos
e cenorias; regamos as leitugas; vimos, alimentamos e coñecemos curiosidades de
diferentes aves e mamíferos; moemos millo e fixemos fariña, peneirámola, amasámola
e elaboramos pan … A nosa visita á granxa escola de Serantellos foi do máis
completa, ata o sol quentou forte e cambiamos os abrigos polas viseiras.
lunes, 2 de mayo de 2016
A PRIMAVERA TAMÉN CON GOYA
Xa que andamos a voltas
coas flores no podíamos deixar pasar a portunidade de levar “A primavera” ao noso calendario escolar de Goya.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)