viernes, 27 de junio de 2014

A NOSA REVISTA ESCOLAR Nº 13


Co final de curso chega a publicación da nosa revista escolar ZAPATOCAS. Con ela pretendemos facer unha pequena recompilación do traballado realizado no transcurso do ano académico. Antes de rematar as clase entregámola aos cativos en formato papel e, hoxe, procedemos a súa publicación dixital coa avantaxe de poder ver as súas páxinas en cor. Esperemos que vos guste tanto coma aos nenos.

miércoles, 25 de junio de 2014

FESTA DE FIN DE CURSO 2013/14

Con inchables, xogos, cancións, unha rica merendola e un pequeno festival, rematamos o curso  2013/14. Lembrade que o martes 9 de setembro ás 10:30 teremos a reunión de principio de curso e volveremos con novas propostas e actividades. Para os que desexen ir organizándose, neste enlace teñen o novo calendario. ¡¡FELIZ VERÁN!!


miércoles, 18 de junio de 2014

MACEDONIA

PREPARANDO O DE FIN DE CURSO…

Rematar e encadernar as nosas fichas, organizar a festa, elixir unha canción, confeccionar os traxes, ensaiar… o fin de curso ven cargado de actividade pero xa falta pouco. Hoxe levamos case todos os nosos traballiños para casa e mañá tocaralle ao resto. Lembrade que este venres día 30, no pavillón da escola de Sisán, celebraremos a nosa festa de fin de curso. O lugar é grande e, aínda que chova, colleremos todos. A partir das 11:00 podedes vir a merendar con nós e a participar da festa. Para os que non saiban chegar, na imaxe de abaixo tedes un pequeno plano.

lunes, 16 de junio de 2014

CALENDARIO ESCOLAR SABOROSO 2014/15

Despois de case dous trimestres traballando ao redor del, a semana pasada por fin rematamos o noso calendario dedicado á gastronomía. Con cada mes recomendamos un libro de cociña para nenos e unha receita na que os cativos poderán facer de cociñeiros para a familia.

jueves, 12 de junio de 2014

LIMA

Esta semana Rita tróuxonos lima. Puxémola no recuncho de “O Caribe” xunto co coco, e decidimos esperar a hoxe, día semanal da froita, para comer ámbolos dous. 
Comezamos coa lima. Antes de probala moitos dicían que non lles gustaba pero, aínda así, repartimos un anaco para cada un e animamos a todos a degustala.  O resultado foi sorprendente, case todos acabaron dicindo: ¡profe quero máis!... ¡que ricas estaban!... comémolas case todas, deixamos a pequerrechiña, Rita dicía que era o bebé e que non podíamos comela, por este motivo volveu ao noso recuncho caribeño.  
A gran decepción levámola co coco. Despois de moito petar nel sen conseguir rompelo, localizamos un martelo, con moito traballiño logramos abrilo e … ¡estaba podre!... A ver se mañá conseguimos outro en mellor estado.

miércoles, 11 de junio de 2014

CONCERTO DIDÁCTICO

Hoxe tivemos unha visita moi, moi especial. A Escola de Música de Ribadumia veu darnos un concerto didáctico impresionante. Contáronnos unha bonita historia musicada, ensináronnos os instrumentos, fixéronnos rir, cantar, bailar e ata reflexionar sobre a importancia de traballar en equipo. Graciñas á todos os membros desta marabillosa banda por facernos pasar unha mañá tan emocionante e divertida.

lunes, 9 de junio de 2014

PARA MERENDAR… UNHA XIRAFA


Este curso xa comeramos  lobos, leóns, vacas, porcos, osos, serpes, e incluso dinosauros, pero ata fai un par de semana nunca probaramos xirafas. Están boísimas, tan ricas que non deixamos nin as migallas. Dende que empezaramos coa proposta de “contospara cociñar”, Alejandro tiña ganas de elaborar unha xirafa e non parou ata que o conseguiu. A mestra aproveitou para ler un conto que a ela lle encanta e ten como protagonista unha xirafa: “Unhacasa a medida”.Graciñas a Alejandro e a súa familia por compartir con nós tan divertida e rica receita.


jueves, 5 de junio de 2014

CONVIVENCIA ESCOLAR 2014

Para facilitar o cambio ao centro de primaria, cada ano facermos un día de convivencia cos neno do concello que rematan a súa etapa de infantil e visitamos o colexio dos maiores. Co obxectivo de familiarizarnos co transporte escolar, fomos ata alá en autobús e collémolo na parada máis próxima á nosa escola. Ao chegar xuntámonos cos nenos das demais parroquias e, tras facer xogos de presentación, ensináronnos o centro. Vimos a aula de música,onde  experimentamos cos sons e tamén co silencio; coa mestra de inglés e a súa mascota, fixemos unha chea de actividades divertidas;  no ximnasio descubrimos que teñen moitísimo material e xogamos ao pilla; recuperamos forzas merendando todos xuntos; saímos ao recreo cos maiores nun campo de fútbol enorme e, case sen darnos conta, chegou a hora de volver ás nosas escolas.

miércoles, 4 de junio de 2014

VISITA Á CASA DO QUEIXO

Facer unha longa viaxe en autobús cos compañeiros da escola, coñecer os animais da granxa, transformar o leite en queixo, descubrir os procesos que sofre a la, realizar un obradoiro cos cereais, facer xogos tradicionais, xantar cos amigos… ¡Cantas emocións nun mesmo día!

martes, 3 de junio de 2014

IMOS DE EXCURSIÓN…

Mañá  non vos esquezades de ser moi puntuais que imos coñecer a Casa do Queixo en Grixalba. Como vedes no mapa da imaxe, está un pouco lonxe e temos que saír cedo para chegar con tempo e poder facer todas as actividades programadas. Temos que levar roupa cómoda e unha pequena mochila cunha muda polo que poida pasar. Así que, esta noite hai que ir cedo para cama e durmir moito para mañá estar en plena forma.

UN “COCOTERO” DE FROITAS


domingo, 1 de junio de 2014

UN NIÑO DE PAXAROS


Tróuxonolo María e quedamos abraiados. Observámolo detidamente, con moito coidadiño para non rompelo, e intentamos descubrir con que estaba feito. Despois fomos á biblioteca de aula a buscar o libro “El nido de pájaros”, no que a través de fotografías vimos como unha parella de ferreiriños constrúe o seu. Nel aparece unha casiña de paxaros e aproveitamos para examinar como son as que temos no na escola, vimos como eran por dentro, como se abrían, por onde entraban os paxariños...