Este é o título do precioso conto que fala
dos bicos da avoa, ruidosos coma saborosas piruletas; dos bicos de papá, que
pinchan coma cactos; dos bicos do avó, nos que a súa barba branca parece
algodón de azucre… A mestra atopouno na Biblioteca
Pública Municipal de Meis e prestáronllo
para ler na escola. Xa o devolvemos por se outro neno quere levalo, pero
gustounos tanto que ímolo mercar para telo na nosa biblioteca escolar. Dende
este blogue, animamos a toda a comunidade educativa a facerse socios das
bibliotecas municipais, son gratuítas e poderedes gozar de lecturas tan
fermosas coma esta.
Como vedes, en clase seguimos a voltas cos bicos e a
caixiña que estamos a preparar para enchela deles. Os que se esqueceran de
traelas aínda están a tempo. Lembrade que serve calquera con tal de que sexa
pequena: a dos queixiños en porcións, a dos zapatiños
da irmá, a das galletas… Mañá, día escolar da paz, intercambiaremos os
biquiños que con tanto agarimo estivemos a preparar. Hoxe estivemos contando os que
tíñamos, necesitamos 20 de cada cor para que teñamos todos. Mañá axudaremos a
rematar aos pequenos e aos que estiveron enfermos. ¡Teñen tantas ganas de levalas
para casa que non lles da chegado o día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario