O venres levamos para casa un divertido prato para axudar a distribuír as porcións de alimentos de xeito saudable. A metade do prato está dedicada a froitas e verduras, un cuarto a proteínas como pescados ou carnes brancas, e o cuarto restante, a grans integrais entre os que están a pasta ou o pan.
lunes, 29 de abril de 2024
viernes, 26 de abril de 2024
ANIVERSARIO DE ANA E NOA
Que maiores! Xa son tantas as velas que non collen nunha
torta. Necesitamos dúas e facer unha suma para chegar a seis. Parabéns!
miércoles, 24 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO 2024
Para conmemorar o Día do Libro, a ANPA da escola trouxo
unha chea de libros para Zapatocas e uns agasallos para cada neno. Estamos desexando
ir á biblioteca para lelos todos. Moitísimas grazas!!
lunes, 22 de abril de 2024
IMOS AO TEATRO
O MONTE, FONTE DE RECURSOS
Grazas a mamá de Noel e á Escola de Enxeñaría Forestal
Universidade de Vigo, puidemos coñecer o traballo desenvolvido pola Comunidade
de Montes Veciñais en Man Común de Baroña.
Vimos como utilizan parcelas do monte para cultivar
froitos do bosque e cogomelos, pero tamén para a produción de mel e a cría de
cabalos e ovellas. Ademais aprendemos como plantar e a importancia que teñen as
árbores nos ecosistemas.
Tras recuperar forzas cuns saborosos bocatas, volvemos
para casa cunha chea de agasallos. Grazas Xana!