Hoxe
comeza a semana da prensa na escola. Nestes días os xornais cobran unha
especial relevancia nos centros educativos. Esta mañá, na biblioteca, optamos por
ver a revista que adoita acompañar ao periódico dominical, en concreto a do día
10 de febreiro de La Voz de Galicia. Nela atopamos unha ilustración moi especial: ¡Un sofá bico!. Descubrimos
que realmente chámase sofá labios e foi deseñado por Salvador
Dalí con Óscar Tusquets. Buscamos algúns dos libros que temos deste artista e
atopamos outra obra que tamén chamou poderosamente a nosa atención: un teléfono
bogavante. Nas vindeiras semanas seguiremos coñecendo a vida e obra deste
famoso pintor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario