Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de febrero de 2020

PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2019

O pasado mes de decembro, saíu a resolución definitiva dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2019 no que a nosa escola obtivo un recoñecemento na categoría de infantil e primaria. Con esta resolución, a Dirección Xeral de Educación, pon en valor aquelas experiencias que promoven unha mellora na calidade do proceso educativo. Sentímonos moi orgullosos do resultado acadado, máxime cando competiamos con centros non soamente de infantil senón  tamén de primaria de toda Galicia. A continuación vos deixamos o vídeo que nos representará na entrega de premios e que recolle os aspectos máis salientables do noso proxecto gañador.

sábado, 18 de enero de 2020

¡PARABÉNS AULA DE NATUREZA!

A aula de natureza da nosa escola vén de recibir un diploma ao quedar como finalista no concurso nacional de Huertos Educativos Ecológicos.Con este documento veñen a recoñecer o traballo realizado pola mestra Ana cos meniños ao longo do curso escolar 2018-2019 na nosa horta escolar. Estamos moi orgullosos do resultado obtido e queremos compartilo con toda a comunidade educativa xa que se presentaron candidaturas de toda España. ¡¡¡Felicidades Ana!!!

sábado, 5 de mayo de 2018

E CHEGOU O GRAN DÍA: I CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

Despois de varias semanas organizando o material, facendo carteis e preparando obradoiros, o xoves chegou o gran día e marchamos cheos de ilusión ao Pazo de Congresos de Santiago a amosar o noso traballo. Ao chegar déronnos as acreditacións, montamos o noso stand e comezaron as actividades.
Os meniños, degustaron produtos lácteos, equipados de cestas realizaron unha compra saudable atendendo á composición do alimentos, probaron brochetas de froitas, xogaron cos persoeiros do Sabor da Aventura está no Mar, visitaron os stands dos outros colexios e rotativamente foron convidando a todos a coñecer o noso. Participaron en diferentes actividades lúdicas, educativas e deportivas e repuxemos forzas cun nutritivo menú.
 Despois do chantar viñeron os xogos e, a última hora a entrega de premios. O xurado concedeunos un accésit, un premio de innovación educativa que non supón contía económica, pero si o recoñecemento como boa práctica educativa digna de mención. Parabéns a todos o que fixeron posible este recoñecemento e a organización do evento polo ben que estivo todo estruturado e coordinado.
A continuación un pequeno resumo de todo o acontecido en fotos

martes, 11 de diciembre de 2012

ENTREGA DE PREMIOS

O curso pasado, o Ministerio de Educación concedeunos o terceiro premio no concurso nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares. Despois de case un ano, onte en Madrid por fin tivo lugar o acto de entrega de diplomas na Biblioteca Nacional, ao que fomos invitados. Antes da cerimonia recibimos persoalmente as felicitacións do conselleiro de Educación Xesús Vázquez Abad e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, que facemos extensible a toda a comunidade educativa do noso centro (mestres, familias e alumnos). Dende esta páxina, quería dedicarlle este premio a todas aquelas persoas que, na medida das súas posibilidades, contribuíron a facer da nosa biblioteca escolar o lugar de goce e aprendizaxe que é na actualidade.

martes, 13 de diciembre de 2011

MAÑÁ VISITAMOS UN BELÉN


Lembrámosvos que mañá visitaremos o belén dun veciño de Ribadumia que xenerosamente brindouse a ensinarnos a súa creación. Nas primeiras horas teremos clase como calquera outro día e, a partir das 11:30, iremos ata a súa casa nun autobús facilitado polo Concello. Se queredes facervos unha idea do que imos ver, picade na imaxe e accederedes ás fotos do ano pasado.
Unha delas saíu publicada o domingo no Faro de Vigo, nunha noticia na que fala do traballo que realizamos na biblioteca do noso colexio e do premio que recibimos. Está colgada no blogue da “Aula de Pequenos de Ribadumia” onde a profe tamén ten unha entrada moi interesante sobre o programa “Prensa-escuela”, que vos recomendamos ler, se queredes acceder a ela directamente podedes picar aquí.

sábado, 3 de diciembre de 2011

SOMOS NOTICIA

Hoxe, no Portal Educativo da Xunta de Galicia falan de nós.  Agradécese que dende diversos organismos comecen a valorar o silencioso traballo diario que desenvolvemos na escola rural. E sobre todo, que por fin descubran que os nosos alumnos, aínda que pequerrechiños, son capaces de manexar e asimilar  información do máis diversa se nos facilitan os medios para poñela ao seu alcance. Toda a información en https://www.edu.xunta.es/web/node/3615

jueves, 1 de diciembre de 2011

UNHA MOI BOA NOVA

Hoxe estamos de celebración. Recibimos o terceiro premio no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011. Dende aquí queremos dar as grazas a aquelas persoas que valoraron o noso traballo e animáronnos a participar, aos compañeiros que nos axudaron a poñelo en marcha e, sobre todo, aos cativos que vimos aprender e gozar en e coa nosa biblioteca escolar.