Como xa sabedes, o vindeiro venres día 21 de febreiro celebraremos a festa de Entroido. Cada aula irá disfrazada dun personaxe relacionado co universo. As nenas e nenos de Leiro imos ir disfrazados do SISTEMA SOLAR no sentido máis amplo da palabra: planetas, sol, lúa, estrelas... Seguindo un ano máis na liña de empregar menos plásticos e a regra dos 3R (Reciclar, Reutilizar e Reducir), cada familia encargarase do disfrace do seu fillo ou filla. Para que vos sexa máis doado, nesta nota atoparedes suxestións: empregando roupa que xa temos na casa, reutilizando algún disfrace doutros anos (perrucas, diademas, capas, medias …), reciclando materiais (teas, lazos, cartóns, xornais, caixas de ovos, envases de iogur…) levando algo que nos poidan prestar … Trátase de mercar o mínimo posible e poñer a imaxinación a funcionar ao máximo. Calquera cousa pode servir, o importante é pasar un rato agradable creando cos meniños. Canta máis variedade haxa máis vistoso quedará o desfile! Nos seguintes enlaces podedes atopar ideas con fotos e vídeos que vos poden axudar
E por suposto estades convidados a participar en familia: pais, nais, avós, avoas … Animádevos a vir tamén disfrazados de algo relacionado co Universo o día da festa de Entroido. Se necesitades axuda ou calquera aclaración, non dubidedes en preguntar. Moitas grazas pola vosa colaboración.