lunes, 27 de marzo de 2017

A POLILLA GUATEMALTECA


Nas últimas semanas, na escola volvemos a recibir o xornal e con el recuperamos a nosa sesión semanal dedicada a traballar coa prensa. En La Voz de Galicia descubrimos un pequeno insecto que está facendo estragos en diferentes zonas do país. Nun vídeo no encerado dixital vimos como a avelaíña guatemalteca estraga as patacas, o seu proceso de crecemento e as medidas que os agricultores están a tomar para evitar a súa expansión. Seguiremos atentos as novas do periódico e esperamos que  consigan controlala.

lunes, 13 de marzo de 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO

Esta fin de semana inaugurouse o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra  baixo o lema “O mundo que queremos”.  O noso centro participa cunha pequena maqueta da nosa escola onde aparecen todos os alumnos. A través dunha sinxela mostra fotográfica recollida nun libriño que fai as veces de tellado, recollemos esas actividades coas que dende o colexio contribuímos a  construír ese mundo que queremos. Pódese visitar ata o 2 de abril e consultar o programa de actividades neste enlace.

martes, 7 de marzo de 2017

CALENDARIO ESCOLAR DE LEANDRO LAMAS


Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, este ano o noso tradicional calendario escolar temático vai estar dedicado a Leandro Lamas. En cada mes, ademais da serie numérica, imos traballar obras realizadas polo autor, un libro e un verso do poema “Doce meses para gozar” ilustrado el. Xa realizamos setembro, outubro e comezamos novembro. Mirade no recuncho da biblioteca as imaxes tan coloridas que crea.