Mostrando entradas con la etiqueta Nanas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nanas. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de enero de 2016

O NOSO LIBRIÑO DE NANAS

A recompilación de cantos de berce realizada coa axuda de todas as familias do centro xa está a disposición dos cativos na biblioteca escolar.
A eles gústalle buscar a súa nana, ver as fotos de cando eran pequerrechos, localizar as dos seus amigos, cantarlle aos compañeiros a que aprenderon e intentar ler as novas. Se picades na imaxe inferior da portada do libriño, accederedes ao documento onde están as da nosa aula, esperamos que gocedes con elas tanto coma os meniños.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

¡CANTAS NANAS!


A semana pasada, na nosa visita semanal a biblioteca, descubrimos que no recuncho de nanas hainas de todas clases. E non soamente para durmir aos meniños, tamén para as gata, os vampiro e ata… ¡O Coco!. Ese persoeiro tradicionalmente malvado pero que en nós provoca risa, porque na versión de Gloria Fuertes que tanto nos gusta, é o neno quen leva a “O Coco” se durme pouco.



Pero, sen lugar a dúbidas, os cantos de berce preferidos dos cativos son os traídos da casa, eses nos que aparecen eles de pequerrechiños, co biberón ou a chupeta, no colo de mamá ou papá ou simplemente no berce. Eles están desexando ensinarllos aos seus amigos e as mestra e, como non podía ser doutro xeito, empregalos para arrolar a Zapatocas.

jueves, 19 de noviembre de 2015

CANTOS DE BERCE

Con motivo da Semana da Tradición Oral, na escola andamos a traballar ao redor das nanas. Somos conscientes que nos últimos anos estase a perder o fermoso costume de cantar aos nenos para adormecelos ou calmalos. Moitos deses arrolos que acompañaron a nosa infancia están desaparecendo. Dende a escola pretendemos recuperalos. A proposta é que axudedes aos vosos fillos a memorizar e escribir na folla que levaron hoxe para casa ese canto de berce, nana ou arrolo que tanto vos gusta para continuar coa tradición oral e seguir gozando dela. 
Para ilustrala tedes que traer unha foto de cando eles eran bebés, se están no berce ou no colo mellor. Nós escanearémola e despois vola devolveremos. Se preferides podedes mandala por correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com. Con todas as vosas nanas elaboraremos un libriño que virá a enriquecer a nosa biblioteca escolar. Tedes ata final de mes para facelo.
Os que precisen inspiración, neste enlace do blog do Aula de Ribadumia B teñen varios hipervínculos e vídeos con arrolos e nanas. A nós gústanos especialmente a nana do Cuco Cuqueiro do libro “Traca-Traco” que estivemos traballando e escoitando esta semana na biblioteca escolar pero seguro que acabamos descubrindo outras preciosas.

sábado, 14 de noviembre de 2015

ARROLOS


Segundo o calendario do libro e da lectura 2015 do 2 ao 8 de novembro conmemorouse a Semana da Tradición Oral. Na nosa escola gústanos especialmente traballar eses coñecementos transmitidos de forma lúdica de pais a fillos e de avós a netos. Este curso centrámonos nas nanas, neses cantos cos que arrolamos aos meniños para adormecelos ou calmalos e que están cheos de aloumiños.

Como Zapatocas, a mascota da biblioteca, sabe que actualmente son moitas as familias que perderon o costume de cantar nanas aos cativos, preparounos un recuncho cheo de materiais con arrolos. O luns pasado, na nosa visita semanal, vimos e escoitamos algunhas nanas pero o que máis nos gustou foi arrolar a Zapatocas e adormecelo ao ritmo delas.