Do día 1 ao 29 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos para o vindeiro curso 2016/17.
Para todas as familias interesadas en matricular aos seus fillos na nosa escola
e que desexen coñecer o seu funcionamento, mañá haberá unha xornada de portas abertas. Ás
16:00 horas poderán visitar a aula e ver súa organización baseada en diversos
recunchos de xogo e aprendizaxe. Terán a oportunidade de percorrer as
instalacións do centro, falar coas mestras especialistas e aclarar as súas
dúbidas e inquedanzas coa que será a futura titora dos seus fillos. Na nosa aula ofertamos 20 prazas das que 10 xa están ocupadas.
domingo, 28 de febrero de 2016
viernes, 26 de febrero de 2016
ANIVERSARIO DE ROSALIA
Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, na escola gústanos conmemorar o aniversario da escritora de
Rosalía de Castro cociñando unha torta de amorodos con nata. Este ano
continuamos coa tradición con sobaos, fresas, nata e moita ilusión. O mellor,
apagar as candeas entre todos. Unha mágoa que non poidamos poñer as 179 que lle
correspondería.
jueves, 25 de febrero de 2016
COAS RAQUETAS PARA CASA
Agora que os cativos xa remataron de
traballar en ximnasia coas raquetas e as pelotas que nos regalara o papá de Candela, chegou o momento de
personificalas co nome de cada neno e levalas para casa. Seguro que hoxe se
divirten intentando demostrar o aprendido e practicando en familia. Unha vez
máis, graciñas papá polo teu agasallo.
miércoles, 24 de febrero de 2016
FELIZ DÍA DE ROSALIA
Cada 24 de febreiro conmemorase o aniversario
do nacemento da escritora Rosalía de Castro. A Asociaciónde Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á
cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor e son moitas as actividades que os centros escolares organizan para celebralo. Na nosa escola gústanos facelo apagando
as candeas dunha torta de nata con amorodos que elaboramos no obradoiro de
cociña, pero iso será o venres.
Esta semana, a hora de ler, estámola dedicando
aos seus poemas e hoxe Carla tróuxonos un precioso libriño para enriquecela. Paseniño
imos ir lendo todos. O favorito do día foi a versión musicada por Migallas de “O
moucho” que vos deixamos a continuación para que na casa tamén vos divirtades
con ela.
martes, 23 de febrero de 2016
ÚLTIMAS NOVAS
Nas pasadas semanas foron varias as noticias
ao redor das que traballamos cos diferentes xornais.
A partir das fotografías
do diario Marca descubrimos o waterpolo e o balonmán, no encerado dixital vimos
un anaquiño dun partido
e a mestra Ana explicounos un chisquiño algunhas das súas regras de xogo. Tamén
tróuxonos camisetas e unha chea de carnés do equipo de Pontevedra e contounos
moitas cousas curiosas. Graciñas Ana por compartir connosco os teus pequenos
tesouros.
Vimos fotos e vídeos en internet e comprendemos
de inmediato a importancia de saber actuar en caso de emerxencia.
Para estar preparados, na nosa escola fixemos un simulacro de evacuación e todos actuaron como auténticos chicos maiores. Agora xa sabemos que é imprescindible deixar o que esteamos a facer, saír logo pero en orde, sen empuxar e seguindo á mestra ata o punto de encontro.
Para estar preparados, na nosa escola fixemos un simulacro de evacuación e todos actuaron como auténticos chicos maiores. Agora xa sabemos que é imprescindible deixar o que esteamos a facer, saír logo pero en orde, sen empuxar e seguindo á mestra ata o punto de encontro.
lunes, 22 de febrero de 2016
EL BAILE DE LOS ANIMALES
Sen lugar a dúbidas, a actividade estrela da
semana pasada foi “El baile de los animales”.
Cada día gústanos máis isto de movernos ao son dunha música pegadiza
seguindo unha coreografía predeterminada. Non sempre conseguimos seguir ben o
ritmo nin realizar correctamente os movementos, pero o pasamos xenial. Se a isto lle engadimos que posteriormente
traballamos o texto da canción e avanzamos no coñecemento da lingua escrita, o
resultado é enriquecedor para todos.
E para que tamén bailedes na casa, a
continuación vos deixamos o vídeo de Brujicanciones no que nos baseamos.
sábado, 20 de febrero de 2016
viernes, 19 de febrero de 2016
LIBROS DE GOYA
Como xa vos comentaramos nunha entrada
anterior, este curso imos coñecer ao pintor español Francisco de Goya. Esta semana,
na nosa visita á biblioteca escolar, descubrimos que Zapatocas tíñanos
preparado un recuncho cheo de libros onde puidemos ver moitas das obras deste
autor. Aos cativos gustoulle especialmente contemplar os xogos cos que xa enredaramos
na escola: “A pita cega”,
“O pelele”
e “Os zancos”.
martes, 16 de febrero de 2016
CATÁLOGO DE DISFRACES 2016
Non podíamos dar por
rematado os nosos traballos ao redor do Carnaval sen realizar o noso particular
catálogo de disfraces. Paseniño cada meniño foi elixindo o traxe que máis se
adaptaba aos seus gustos, a ver se recoñecedes nas imaxes aos nosos espectaculares
modelos tras os amaños oportunos.
lunes, 15 de febrero de 2016
FILLOAS
Aínda
que a forte choiva do venres non nos deixou ir buscar os limóns a nosa horta,
¡que ben cheiraban os que tíñamos cando os raiamos!... ¡Como lles gustou aos
cativos bater e mesturar os ingredientes!... pero sen lugar a dúbidas o máis emocionante
para eles foi cascar os ovos.
sábado, 13 de febrero de 2016
UN BAILE EN PIXAMA
A orde do Meco para o xoves da semana
pasada era clara: ¡Vir á escola co pixama posto!. E así acudimos todos a
clase, moitos con bata de casa e zapatillas incluídas para que non nos faltara
detalle.
Con esta cómoda vestimenta, practicamos o divertido baile “Tomaditos
en parejas” de Brujicanciones que aprendemos para a festa de Entroido.
A continuación vos deixamos o vídeo por se
queredes probar a realizado na casa, veredes que ben o pasades.
viernes, 12 de febrero de 2016
SEMENTANDO TÁMARAS
A semana pasada coa mestra Ana na aula de natureza, os cativos
prepararon un riquísimo mousse de laranxa . Para a súa elaboración, ademais dos froitos da horta da
escola, precisaron de iogures naturais. Eses envases decidimos aproveitalos para plantar as támaras que
apañamos cando fomos ver a palmeira da igrexa de San Xoán de Leiro. Non sabemos se xerminarán e pero ímolo
intentar.
O primeiro furar cun punzón os envases,
despois botarlle terra e introducir dúas sementes. Por último levalos ao
invernadoiro e regar. Xa vos contaremos que vai pasando con elas e se antes de
fin de curso conseguiremos ter palmeiras para todos.
viernes, 5 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
Cancións, bailes, xogos, obradoiros, contos,
merendola, máscaras, disfraces, desfile … esta mañá na nosa festa de Carnaval tivemos de todo, ata o
sol acompañounos. Unha vez máis graciñas a todos os que axudaron a gozar deste
día tan especial.
jueves, 4 de febrero de 2016
A PALMEIRA DE LEIRO
Dado que andamos a coñecer a palmeira canaria, o venres fomos ver o
exemplar que hai no xardín
da igrexa de San Xoán de Leiro. Esta planta, considerada como
o símbolo natural do Arquipélago Canario,
produce uns froitos comestibles chamados támaras, parecidos aos dátiles pero de
sabor amargo e áspero que serven ocasionalmente para alimentar ao gando. Cando chegamos
vimos que o chan estaba cheo deles e non dubidamos en apañalos para observalos
detidamente na aula e probar a plantalos.
Comprobamos que o seu tronco é moi groso e
rugoso e que alcanza tal altura que a súa copa pode
observarse por encima dos tellados.
miércoles, 3 de febrero de 2016
TEMPO DE ENTROIDO
Despois duns días de duro traballo, os nosos
disfraces xa están listos para lucir o día da festa de Carnaval. Agora soamente
queda que o bo tempo do que hoxe gozamos continúe o venres e poidamos facer o tradicional desfile. Este curso os nosos traxes pretenden render unha pequena
homenaxe ao Entroido de Tenerife coa fantasía como protagonista.
Lembrade que este ano será na Casa de Cultura de
Ribadumia e que as familias poden vir tamén disfrazadas e participar da festa a
partires das 11:30.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)