Cada día son máis os meniños que se animan a incluír unha
peza ou dúas de froita na súa merenda. Mirade cantos conseguiron xa a súa
coroa!
lunes, 21 de febrero de 2022
REIS E RAÍÑAS DA FROITA DO MES DE FEBREIRO
O RENO DE NOA E ANA
Mirade nas imaxes que chuliña queda a versión realizada
por Ana e Noa do reno
empregando pan de molde e queixiños mini babybel.
viernes, 18 de febrero de 2022
O NIÑO DE PAXAROS DE ANA E NOA
Ana e Noa realizaron o niño de paxaros en plastilina. Mirade
nas fotos que chuliño lle quedou. A continuación tedes imaxes de todo o proceso
por se vos animades a facer esta bonita versión.
jueves, 17 de febrero de 2022
O NIÑO DE PAXAROS DE NOA
A nosa cociñeira Noa xa nos mandou as fotos co proceso de
elaboración do niño de paxaros. Mirade nas imaxes que bonito e apetitoso lle quedou, dan ganas de
comelo.
O NIÑO DE PAXAROS
O 2 de febreiro di a tradición galega que é o día no que casan os paxariños. Nas nosas andainas ao redor da escola comprobamos como eles andan piando e rebuldeiros. Buscan parella coa que construír o niño onde criar os seus filliños. Dende a nosa escola quixemos unirnos a esta bonita tradición e celebralo cociñando un divertido niño de paxaros. Como o noso viaxeiro Fogg estivo en Italia, nada mellor que os saborosos espaguetes para crear a base coa que elaborar este divertido prato. Neste enlace tedes a receita que vos propoñemos.
ITALIA
O señor Fogg, na súa andaina ao redor do mundo, pasou por
Italia e alí coñecemos a Befana. Unha bruxa boa que adoita deixar caramelos na Noite
de Reis aos meniños italianos. Preparados para aprender a súa canción?
A TORRE EIFFEL DE NOA
Noa púxose mans a obra e mirade que ben lle saíu a Torre
Eiffel. Ademais de cociñeira é unha estupenda arquitecta. Grazas Noa por
compartir connosco as fotos de todo o proceso.
domingo, 6 de febrero de 2022
A TORRE EIFFEL
Como andamos a voltas con París, non podíamos deixar
pasar a oportunidade de levar ás nosas propostas culinarias da fin de semana o
seu monumento máis famoso. Neste enlace
tedes a receita que levaron o nenos o venres para casa. Pero se referides unha
opción máis saudable, facendo clic aquí
accederes a unha versión con moras e framboesas.
E xa que andamos a voltas coa Torre Eiffel, deixámosvos esta bonita canción e a súa versión con xestos que compartiu connosco a mestra Marta de Ribadumia.
jueves, 3 de febrero de 2022
miércoles, 2 de febrero de 2022
PARÍS
Dende a escola estamos a acompañar ao señor Fogg na súa
viaxe ao redor do mundo. Aínda que ten que apurar se quere chegar a tempo ao
seu destino, non podíamos deixar París sen ver este bonito vídeo.
O BICO DE PIZZA DE NOA
Noa tamén animouse a cociñar un bico de pizza e mandounos
as fotos do proceso. Mirade que chuliño lle quedou!.