O Día de Rosalía pasou a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Dende hai varios anos a Fundación Rosalía de Castro propón conmemoralo lembrando o poema “Miña casiña, meu lar”, no que unha muller pobre consigue facer un humilde caldo de gloria a pesar de que carece de todo. Dende a nosa escola unímonos a esta iniciativa propoñendo a todas as familias elaborar un caldiño. Podedes ler as instrucións que da Rosalía no seu poema, empregar a nosa receita, seguir os consellos de Xoanqui Ameixeiras do vídeo anterior ou facer a vosa propia versión.
martes, 1 de marzo de 2022
martes, 16 de marzo de 2021
MANTEIS PARA O CALDO DE GLORIA
A fundación Rosalia de Castro propuxo enviar manteis individuais co poema “Miña casiña, meu lar” aos comedores escolares que fixeran Caldo de Gloria. A mestra Marta de Ribadumia púxose en contacto con eles para informarlle de que, como na nosa non había comedor, as familias fixeran o Caldo de Gloria na casiña. E mandáronnos manteis para todos. Grazas profe Marta!
miércoles, 10 de marzo de 2021
jueves, 4 de marzo de 2021
domingo, 28 de febrero de 2021
CALDO DE GLORIA
Esta semana veu marcada polas actividades ao redor da escritora Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Entre elas, a iniciativa o “Caldo de Gloria” da súa Fundación. Unha proposta inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” no que a poeta explica como facer un caldo. Nesta liña, o venres convidamos ás familias a facer na casa e comer cos meniños un caldiño. Podedes seguir as instrucións que dá Rosalía no seu poema, ou facer a vosa propia receita.
lunes, 5 de marzo de 2018
OS NOSOS CALDIÑOS
martes, 27 de febrero de 2018
¡ESTES CALDOS SABEN A GLORIA!
martes, 20 de febrero de 2018
CALDO DE GLORIA
Pero hoxe queremos implicar ás familias cunha nutritiva proposta: “Caldo de Gloria” Tratase de que, baseándonos no poema de Rosalía “Miña casiña, meu lar”, esta fin de semana fagades na casa e comades cos meniños un caldiño e enviedes as fotos a escoladeleiro@gmail.com. Posteriormente publicarémolas no noso blog e faremos unha exposición con todas elas. Podedes seguir as instrucións que dá Rosalía no seu poema ou facer o voso propio caldo galego. Simplemente queremos unir alimentación saudable e poesía. Será unha forma divertida de animar aos pequeños a comer os repolos que cultivan na horta escolar coa mestra Ana e ler o poema que están traballando en informática con Olalla.















