Moedas
de chocolate, biscoito, galletas, pauciños de pan… todos estes ricos ingredientes formaban parte
do conto que Brais, coa axuda da súa nai, cociñou para nós a semana pasada. Graciñas
á familia de Brais por preparar para nós esta deliciosa e máxica torta.
sábado, 31 de mayo de 2014
viernes, 30 de mayo de 2014
FÉLIX ESTÁ NO CARIBE
Sabémolo
dende o luns que recibimos unha nova carta da nosa lebre viaxeira. O mesmiño ca
nós, Félix estaba canso de tanto frío e mal tempo, así que decidiu marchar para
O Caribe. Na súa misiva fala de cocos, golfiños, baleas… e, coma sempre,
aproveitamos a nosa visita á biblioteca para buscar información ao respecto e
comezar a montar un novo recuncho. ¡Benvidos a “O caribe”!.
jueves, 29 de mayo de 2014
PARA MERENDAR… ¡UN IGLÚ!
Esta
foi a sorpresa que nos tiña preparada Rita a semana pasada para celebrar o día
do seu santo. Un impresionante iglú de “mousse” de chocolate recuberto de nubes,
situado nun riquísimo Polo Norte de biscoito con nata. Esquimós, un caribú, un
oso e outros animais polares cos que xogamos ao rematar de merendar, completaban
esta deliciosa torta. Graciñas á Rita e a súa familia por elaborar esta
espectacular receita e compartila con nós.
miércoles, 21 de mayo de 2014
VIAJE EN TREN
Este
é o conto que Adrián
cociñou para nós a semana pasada. ¡Como nos gustan os trens de biscoito cargados
de lambetadas!... todo estaba delicioso: as rodas, a cheminea, as ventás… pero as
vías de regaliz tiveron un éxito espectacular, non quedou ningunha. Graciñas á
familia de Adríán por compartir con nós tan rica e divertida receita.
martes, 20 de mayo de 2014
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Esta semana, a nosa visita á biblioteca, dedicámola a coñecer o único
libro que escribiu Xosé María Díaz Castro, e a rematar as propostas do Equipo
de Normalización Lingüística do noso centro. Trátase de “Nimbos”, a obra onde
atopamos os poemas que vimos nas bolsas do supermercado e nos carteis que realizaron
os nenos do CEIP Plurilingüe Lagostelle, gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014.
lunes, 19 de mayo de 2014
GAÑADORES DO CONCURSO DO PARLAMENTO
Parabéns para os nenos de 1º de primaria do CEIP de
Castrelo de Cambados, foron os gañadores
do concurso "O Parlamento de Galicia contigo e polos teus dereitos" no que participamos en febreiro. Vímolo a semana pasada no xornal Diario de Arousa e aproveitamos
a noticia para seguir traballando a numeración das páxinas e os nomes dos
periódicos.
viernes, 16 de mayo de 2014
jueves, 15 de mayo de 2014
FELIZ DÍA DA FAMILIA
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Familia. O domingo pasado xa tivemos un adianto coa VI Feira da Familia que organizou o Concello de Ribadumia e na que moitos dos
cativos da escola participaron.
Na aula celebrámolo esta mañá coa lectura parcial do
conto “Unha chea de familias”. Nel, a protagonista descobre coa axuda do seu papá, que no
edificio viven familias moi
diferentes, pero todas teñen en común o amor que une aos seus membros. E aproveitando
o tema, a semana pasada estivemos coñecendo á de Frida kahlo a través
de fotografías e dos retratos realizados pola artista.
miércoles, 14 de mayo de 2014
HANSEL E GRETEL
Este é o conto que Alejandro
cociñou para nós o luns. Un rico tellado de galletas con Lacasitos, paredes de
delicioso biscoito e, o que máis gustou aos cativos, un gran valo de lambetadas
rodeando a enorme e suculenta casiña. Graciñas á familia de Alejandro por
compartir tan exquisita receita.
martes, 13 de mayo de 2014
COMA UN RÍO
Este
é o título do poema de Xosé María Díaz Castro que María atopou nunha bolsa do
supermercado. Tróuxonolo hoxe a clase para
que o viramos. A mestra Marta axudounos a localizar na biblioteca o libro que
temos deste autor, buscamos o verso e alí estaba o poema completo, a ver se encontramos más bolsas con poemas.
lunes, 12 de mayo de 2014
PREPARANDO O DÍA DAS LETAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro. Baseándonos nos materiais
elaborados pola coordinadora do equipo de normalización lingüística do noso
centro, esta semana imos coñecer un pouquiño da vida e obra deste escritor
galego.
Hoxe comezamos a familiarizarnos co seu nome vendo un conto da súa
traxectoria e, en informática, realizamos algunhas das actividades propostas
polo Seminario Galán. Se
na casa tamén queredes facer as actividades podedes clicar na imaxe da esquerda e
accederedes ao LIM.
viernes, 9 de mayo de 2014
MAIOS 2014
Un millón de bicos para o grupo
Alecrín por vir un ano máis a cantar con nós e facer as delicias dos cativos. E
graciñas a todas as familias e á comunidade educativa que, coa súa colaboración
e axuda, fan posible esta festa.
jueves, 8 de mayo de 2014
PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS
Por fin chegou o bo tempo e,
para darlle a benvida á primavera, mañá realizaremos a nosa tradicional festa dos Maios. Parte de esta semana dedicámola a memorizar as cantigas,
aprender os xogos, ensaiar as cancións, practicar os bailes… e por suposto, buscar e recoñecer o fiúncho,
elemento imprescindible para decorar o Maio. Esta tarde non vos esquezades de
apañar moito para que mañá teñamos dabondo, e cantas máis flores mellor.
miércoles, 7 de mayo de 2014
MENRENDANDO… DINOSAUROS
Xa
probamos lobos,
leóns,
vacas,
porcos,
osos, serpes…
pero onte Anxo demostrounos que os dinosauros recubertos de kiwi están
exquisitos. Sabemos que lle deu moito traballiño realizalo pero o resultado foi
espectacular e conto de pop up no que se inspirou gustounos a todos. Graciñas a
Anxo e a súa mamá por cociñar para nós este saboroso dinosauro.
martes, 6 de mayo de 2014
CONTOS DO POLO NORTE
Esta
semana a hora de ler está dedicada aos contos do Polo Norte. Empezamos onte co “¡Porque te quero tanto!” e hoxe continuamos con “Agustina se muda al Polo Norte”. Mañá o encargado terá que decidir entre “Os mil brancos dos esquimós” e “Pequeño inuit”. O luns, na nosa visita semanal á biblioteca, vimos que editoriais
son as que os publican e como temos que facer para localizalos nos andeis cando
os queremos levar en empréstito para casa.
lunes, 5 de mayo de 2014
COCIÑANDO… ¡O ANTIGO EXIPTO!
O
río Nilo cunhas beiras de kiwi e mazá riquísimas, un impresionante caiuco de
biscoito navegando polas súas cálidas augas de nata, as pirámides, o deserto… todo isto preparou Gabriel coa axuda da súa
mamá e o seu irmán Roi para nós a semana pasada. Graciñas á familia de Gabriel
por compartir os seus libros e cociñar esta espectacular torta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)