O noso cociñeiro Brais coa axuda da súa irmá Lía, animouse a elaborar a nosa proposta culinaria da fin de semana.
miércoles, 22 de marzo de 2023
lunes, 20 de marzo de 2023
FELICIDADES LÚA!
Hoxe celebramos o comezo da primavera cun acontecemento
moi especial. Lúa cumpre catro anos! Que chica maior! Parabéns!
domingo, 19 de marzo de 2023
DÍA DA SÍNDROME DE DOWN
O vindeiro martes 21 de marzo é o Día da Síndrome de Down.
A elección desta data débese a que as persoas con esta síndrome presentan
unha alteración provocada pola existencia de material xenético extra no
cromosoma 21, que se denomina trisomía 21 (teñen tres cromosomas no par 21). De aí que o día elixido sexa o 21 do
terceiro mes (marzo).
Para dar visibilidade a esta alteración cromosomática, dende a escola imos realizar diversas actividades. Entre elas, propoñemos traer postos o martes calcetíns desparellos, para resaltar o valor e a importancia da diversidade. Animádevos a participar!
A través desta ligazón poderedes acceder á versión online do libro de Os Bolechas “Xela celebra o seu aniversario: unha historia sobre a amizade sen barreiras e a síndrome de Down”
miércoles, 15 de marzo de 2023
CEGOÑAS
A noticia sobre as cegoñas que vimos fai unhas semanas, serviuno de detonante para traballar ao redor destas aves. Descubrimos como se alimentan e reproducen, pero tamén aproveitamos a oportunidade para levar estes animaliños ao noso obradoiro de cociña en familia.
miércoles, 8 de marzo de 2023
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
O pasado xoves desenvolvemos na escola unha xornada para
potenciar os hábitos saudables relacionados coa alimentación. Comezamos a mañá
quentando motores coñecendo algúns dos animais do mar e o seu hábitat.
Logo, grazas aos monitores do Programa Fai clic no teu bocata, descubrimos as vantaxes do consumo de produtos en conservas do mar. A través de diferentes actividades lúdicas, amosáronnos que alimentos son saudables.
Remataron o obradoiro coa elaboración de bocadillos que incluían polbo, mexillóns ou sardiña como ingrediente principal, aos que lle engadían un amplo abano de produtos saudables segundo a elección de cada meniño.
Despois chegou o momento de repoñer forzas degustando tan
saborosos e nutritivos bocatas.
ROSALÍA NA BIBLIOTECA
As propostas ao redor da figura de Rosalía de Castro tamén chegaron á biblioteca.
Xogos co seu nome, quebracabezas co seu rostro e, sobre
todo, actividades cos seus poemas.
miércoles, 1 de marzo de 2023
XORNAIS
Nas últimas sesións que traballamos ao
redor dos periódicos, comparamos os nomes dos diferentes xornais na prensa en
papel. Observamos que cada un é diferente, aínda que con semellanzas. Algúns
teñen un nome longo, outros moi curto. Hainos con moitas noticias de deportes
e con poucas. Uns teñen os nomes en color, outros en branco e negro. O tipo de
letra tamén é diferente.
Pero o que máis gusta dos periódicos é ver as novas na prensa dixital, especialmente se van acompañadas dun vídeo explicativo. A adopción dunha cadeliña por parte da localidade de Tui, conmoveunos a todos; pero a noticia sobra as cegoñas en Ourense, serviunos de detonante para traballar ao redor destas queridas aves.
CALDO DE GLORIA
O pasado 23 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro. Como cada ano, unímonos á proposta de cociñar o “Caldo de Gloria” inspirado no seu poema “Miña casiña, meu lar”. Desta volta, acompañamos a receita dun código QR para facilitar o acceso á iniciativa. A través del podedes ver o poema que traballamos en clase e o vídeo onde un bo cociñeiro galego prepárao na na cociña da casa de Rosalía.