Mostrando entradas con la etiqueta O Camiño de Santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Camiño de Santiago. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de junio de 2022

BO CAMIÑO PEREGRINO!

O luns, cun día de sol espectacular e cargados de ilusión, realizamos a nosa andaina anual pola Variante Espiritual do Camiño de Santiago. No transcurso da xornada atopamos moitos peregrinos aos que saudamos e, como manda a tradición, desexamos Bo Camiño!.


Foi unha mañá chea de descubrimentos e pequenos tesouros.

Vimos figueiras, loureiros, abeleiras, vides, kiwis … ata canas de bambú.

O croar das ras acompañounos durante todo o camiño ao igual que o cantar dos paxariños.

Ao chegar á praia fluvial, descansamos e enredamos coa area e as flores.



E expresamos tan enriquecedoras vivencias a través de debuxos.

Despois merendamos para recuperar forzas e continuamos co percorrido.

Entre xogos en cancións, chegamos pronto ao final do traxecto e sobrounos tempo para cruzar a ponte e brincar na praia á sombra da marxe esquerda do río. Alí vimos multitude de zapateiros na auga e peixiños.


E nada mellor que rematar a xornada que lendo contiños rodeados de natureza.

miércoles, 3 de noviembre de 2021

ANDAINAS

 

Co obxectivo de fomentar a actividade física e evitar o sedentario, un curso máis comezamos coas nosas andainas diarias ao redor da escola. Por outra banda, este adestramento serviranos para facer a final de curso o pequeno tramo do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.

Ademais, ao estar a nosa escola inmersa na natureza, en cada camiñada atopamos pequenos descubrimentos cheos de posibilidades: un formigueiro, unha bolboreta, os buratos da toupeiras …

lunes, 31 de mayo de 2021

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Despois de todo un curso adestrándonos, por fin deu chegado o día de facer un anaquiño do Camiño de Santiago. Hoxe ata o tempo acompañou e gozamos dunha espléndida mañá na que, ademais de camiñar, observamos a fauna e flora da contorna.

A metade de camiño paramos para xogar na praia fluvial. Enredamos coa area, pintamos, a mestra Ana leunos un conto, merendamos, realizamos unha chea de xogos e, sobre todo,  rimos moito.

 



Case sen darnos conta chegou o momento de continuar coa andaina. Paseniño alcanzamos o final do percorrido. E antes de rematar co resto dos xogos que tiñamos preparados, xa veu a hora de marchar.


lunes, 27 de mayo de 2019

O CAMIÑO DE SANTIAGO 2019

Por fin deu chegado o día, despois de todo un curso adestrando para estar en forma, hoxe por fin fixemos o anaquiño do Camiño que pasa pola nosa localidade. A verdade é que percorrémolo tan ben e rápido, que xa nos estamos pensando ampliar o itinerario para o vindeiro ano.
Ademais de gozar coa andaina, observamos animais e plantas, falamos cos peregrinos que nos atopamos, pintamos ao aire libre, merendamos e, sobre todo, xogamos e rimos. Mirade nas fotos que ben o pasamos.















domingo, 26 de mayo de 2019

PREPARADOS, LISTOS…


Esta semana realizamos as últimas andainas  para estar en forma e poder facer mañá sen cansarnos unha  pequena etapa da chamada Variante Espiritual do Camiño Portugués. Lembrade que partiremos as 9:00 da Ponte de Cabanelas en fronte do club náutico de piragüismo “o Muíño". Non esquezades poñer aos meniños calzado e roupa cómoda para camiñar e mandádelle bocadillo e botella de auga nunha bolsa co nome posto.

jueves, 28 de junio de 2018

FACENDO O CAMIÑO…

Despois de todo un curso camiñando para estar en forma, o luns da semana pasada por fin chegou o gran día e emprendemos andaina dende Ponte de Cabanelas. Paseniño fomos percorrendo a ruta, observando a fauna e a flora, saudando aos peregrinos, identificando sons e, sobre todo, gozando da natureza. Na paria fluvial paramos a descansar, pintar e xogar, merendamos, recuperamos folgos e continuamos ata Pontearnelas. Grazas a todos os que colaboraron para poder levar a cabo esta actividade, en especial ás familias e as mestras María, Ana, Anabel e Olalla de educación física.