sábado, 22 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

Como vedes nas fotos, este ano as familias prepararon uns disfraces espectaculares co sistema solar como eixo central. Contacontos, manualidades, cancións, xogos, películas, bailes e unha riquísima merenda con doces típicos destas datas. A mañá estivo cargada de actividades e o sol acompañounos durante toda a xornada. Moitas grazas a todos polo voso esforzo e colaboración.

viernes, 21 de febrero de 2020

IMOS AO TEATRO


Primeiro a emoción de montarse no autobús, despois o traxecto a pé pola cidade, e por último a impresión de entrar e acomodarnos no auditorio. Pero o mellor estaba por chegar: a actuación de Baobab teatro na representación de “O lobo e a lúa".
Tras recuperar forzas coa merenda e xogar un pouco, tocoulle quenda á segunda parte da nosa excursión: a visita ao Café Moderno. Alí faláronnos de arquitectura, das peculiaridades e historia do edificio, ensináronnos os cadros de Laxeiro e ata converteron aos meniños en arquitectos por un día e deseñaron a súa propia habitación.


domingo, 16 de febrero de 2020

ORDES DO MECO

MAKITA A EXTRATERRESTRE ECOLÓXICA


Grazas á mestra Montse e Jose, o xoves pasado despois da visita dos PANS e a hixienista Maruxa, puidemos rematar a xornada cun divertido contacontos. Viñeron cargados de música pero sobre todo de mensaxes sobre a importancia de coidar o noso planeta. Reciclar, reutilizar e reducir, son as palabras claves que nos transmitiron co “Capitán Verdemán superhéroe del reciclaxe” e a súa canción “O meu planeta”.

SAÚDE BUCODENTAL


O xoves foi unha mañá cargada de actividades. Ademais da visita dos PANS que vos describimos na entrada anterior, tivemos a sorte de contar coas divertidas e amenas explicacións da hixienista dental Maruxa. Amosounos a importancia de ter uns dentes fortes e sans e como debemos facer para coidalos. Para axudar aos meniños neste labor, regaloulles un cepillo de dentes e pasta, un calendario para rexistrar cada vez que lavan os dentes, un caderniño do Rato Pérez e información para as familias sobre as prestacións bucodentais do Sergas.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


Dentro do programa Aliméntate ben: Ponlle as pilas ao teu bocata no que participa o noso centro, o xoves recibimos a visita dos PANS (Profesores da Alimentación e da Nutrición Saudable). A través da realidade a aumenta e diferentes xogos, explicáronnos as avantaxes de comer un bocadillo de conservas do mar. Pero o mellor momento veu cando nolos prepararon á nosa elección: mexillón, atún, sardiña … con leituga, tomate, olivas, queixo … ¡Que ricos! Para que os meniños e as familias descubriran todas as posibilidades á hora de facelos, regaláronlles un receitario. E como lembranza desta actividade déronlles tamén unha viseira e un chaveiro.



jueves, 13 de febrero de 2020

O DISFRACE DE LÍA

A conta atrás para a nosa festa de Entroido xa comezou e as familias colaboran cunha creatividade impresionante. Mirade a foto que nos mandou Lía do disfrace que está a facer aproveitando recortes de feltro que lle sobraron doutras manualidades, Grazas por compartir connosco o voso inxenio.

XORNADA DE POTAS ABERTAS 2020

Para todas as familias interesadas en escolarizar aos seus fillos no vindeiro curso 2020/21, este luns 17 de febreiro realizaremos unha xornada de portas abertas. Se queredes ver a nosa escola, vide a visitala cos vosos nenos de 10:00 a 12:00 ou de 16:00 18:00. Poderedes informarvos sobre a metodoloxía, os proxectos de aprendizaxes, coñecer os espazos ou simplemente aclarar as vosas dúbidas.¡Esperámosvos!

miércoles, 12 de febrero de 2020

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS

Como xa sabedes a Fundación Amigos de Galicia está a desenvolver campañas de recollida de tapóns para financiar terapias que necesitan nenos con distintas problemáticas. O noso centro colabora con eles e actualmente é un dos seus puntos de recollida. Se de novo tedes tapóns na casa, podédelos traer á sede do CRA en Leiro mañá xoves 13 que pasarán a recollelos.

domingo, 9 de febrero de 2020

PREPARADOS… LISTOS… XA!

A festa do Entroido vaise achegando e nas casa comezan a bulir as ideas para crear os disfraces do sistema solar con moita imaxinación. Mirade Marcos, na foto que nos mandou, como traballa na confección do seu e o chuliño que lle está a quedar. Grazas por compartir connosco a vosa creatividade.

A LARANXEIRA DE ERIK


O segredo da árbore de Erik está nos ricos zumes que fai coas súas laranxas, pero tamén nos momentos de xogo o seu redor.

A NOSA ESCOLA NO XORNAL


sábado, 1 de febrero de 2020

PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2019

O pasado mes de decembro, saíu a resolución definitiva dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2019 no que a nosa escola obtivo un recoñecemento na categoría de infantil e primaria. Con esta resolución, a Dirección Xeral de Educación, pon en valor aquelas experiencias que promoven unha mellora na calidade do proceso educativo. Sentímonos moi orgullosos do resultado acadado, máxime cando competiamos con centros non soamente de infantil senón  tamén de primaria de toda Galicia. A continuación vos deixamos o vídeo que nos representará na entrega de premios e que recolle os aspectos máis salientables do noso proxecto gañador.

ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO




O REI E A RAÍÑA DA FROITA DO MES DE XANEIRO

¡Marcos e Marta están feitos uns auténticos comefroitas!. ¡Este mes a nosa raína da froita degustou piña, plátano,fresa, mazá, kiwi, pera e  mandarina! O noso rei tomou mazá, plátano, kiwi e amorodo! ¡Bravo polos comefroitas! Para a vindeira semana levaremos o listado das froitas de tempada do mes de febreiro. Preparados para un novo mes cheo de merendas saudables.