Hoxe, á hora do recreo, o vento toleirón
sopraba con forza. Cando fomos buscar a mangueira para regar e evitar que o
aire levantara a area e entrara nos ollos, descubrimos que xunto ao invernadoiro
a herba estaba cortadiña e a temperatura era ideal. Inmediatamente decidimos cambiar
o noso campo de xogo para esa zona. Ao principio, os pequenos estaban
descolocados no novo espazo pero, tras uns minutos de adaptación, mirade nas
fotos que ben o pasaron enredando na herba.
Que caras de felicidade teñen todos, se nota que o pasan moi ben.....
ResponderEliminar