jueves, 21 de mayo de 2015

A RAÍÑA DONA MARIANA DE AUSTRIA


Dende que vimos o cadro de “As Meninas” e varios contos que teñen á infanta Magarita como protagonista, este personaxe histórico gustou á maioría dos cativos. En diferentes obras de Velázquez recoñecimos ao seu pai o rei Felipe IV e ao seu medio irmá o príncipe Baltasar Carlos. Faltábanos a súa mamá, a raíña dona Mariana de Austria, pintura que eliximos para ilustrar o mes de xuño no calendario escolar que estamos elaborando. Son varios os libros que temos onde aparece recollida esta obra e o luns na nosa visita á biblioteca escolar estivemos buscándoa en todos. Pero, sen lugar a dúbidas, o exemplar que Mencía compartiu connosco foi onde a puidemos observar con  máis detalle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario