jueves, 14 de mayo de 2015

AS LANZAS


La infantita quiere buñuelos” é o título dun dos libros que a biblioteca municipal de Meis cedeunos en préstamo temporal mentres esteamos a traballar ao redor da figura de Velázquez. Escollémolo para ilustrar o mes de maio do noso calendario escolar do autor. Nel cóntanos unha trasnada argallada pola infanta Margarita e Nicolasito, o anano representado no cadro As Meninas que anda a molestar ao can. A trama comeza cando a princesa quere tomar o chocolate con buñuelos destinado a súa media irmá e as damas. Pero non pode … o seu pai, o rei Felipe IV, ten que recortar os gastos da corte para facer fronte ás débedas da guerra e á mala xestión. Unha delas quedou inmortalizada na obra  “A rendición de Breda, ou As lanzas” de Velázquez que eliximos para o mes de maio. Entre realidade e fantasía, gozamos da lectura deste divertido libro á vez que coñecemos algúns dato da época do pintor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario