Hoxe Adrián trouxo para compartir connosco un
agasallo que lle deron á súa familia. Tratase dun pretzel alemán. Limos a
información que nos aportou a súa mamá e descubrimos que se trata dun tipo de galleta ou bolo con forma de lazo e cun
sabor lixeiramente salgado. Escoitamos
no ordenador como se pronuncia esa palabra e intentamos reproducila. Vimos a
súa receita e falamos dos seus ingredientes. Á hora da merenda, despois de
observalo detidamente, partímolo en anaquiños e probámolo todos. ¡Que ben sabía
esa galleta salgada de Alemaña!...
Pero este non é o único alimento alemán que
temos no noso recuncho, Rita trouxo varios paquetes de chocolates de diferentes
sabores. Temos moitas ganas de probalos pero como están envasados podemos
reservalos e traballar un chisquiño ao redor deles primeiro. Moitas grazas ás familias por compartir connosco e axudarnos
a enriquecer o noso labor educativo.
As mamás e os papás , ¿¿seguro que non podemos ir tamén a ese cole??? Que rico...
ResponderEliminar