Onte,
para darlle a benvida á primavera, celebramos na escola a festa dos Maios. A
primeira hora pensabamos facer os colares de flores e despois subir andando ao
Monte do Castro para ver as escavacións arqueolóxicas. Pero este ano o inverno
non quere marchar e, co frío e a choiva, non puidemos saír do centro. Pero nós puxemos
ao mal tempo boa cara e, mestres as mestras vestían o maio co fiúncho, os
cativos enfiaron flores para decoralo, realizaron tarxetas conmemorativas, leron
contos, debuxaron e... os bocadillos, como non puidemos comelo no monte,
merendámolos tranquilamente nas nosas cadeiras. O mellor coma sempre quedou
para o final: cantar ao redor do maio a ritmos de claves e co Grupo Alecrín ao
compás do acordeón. O repertorio: O Pirimpimpin, A Rianxeira, O xogo da Carrasquiña e A saía da Carolina, se
clicades enriba de cada título poderedes improvisar un karaoke e cantar tamén vos
na casa.
Que bonito ese maio
ResponderEliminarGraciñas, unha magoa que o tempo non nos deixara facelo fóra.
ResponderEliminar