Dende
que rematamos con Don
Quixote, a nosa bolsiña de lectura veu cargada de libros de coellos. Hai exemplares
que nos axudan a coñecer como nacen, medran ou alimentan, pero tamén contos nos
que os seus protagonistas son estes animais. Na “Colección
sentimientos” un coelliño axúdanos a recoñecer os nosos sentimentos e
reaccións, con cada libro que lemos reflexionamos sobre as situacións nas que
temos medo, enfado, tristeza… e buscamos alternativas que nos fagan sentir
mellor en cada momento. O “O
coelliño Branco” lembrounos os
ricos repolos que cultivamos coa mestra Ana no noso invernadoiro. Coa fábula “Los
dos conejos” descubrimos as consecuencias de perder o tempo discutindo… A
ver mañá que libro de coelliños lemos, todo dependerá do que escolla o
encargado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario