miércoles, 22 de mayo de 2013

¡EU NON FUN!

Este é o título do conto no que se basearon Martiño e a súa irmá Lía para preparar o teatro que hoxe puxeron en escena. O seus papás tamén traballaron duramente para crear o escenario de monicreques no que se desenvolveu a historia.
Pero todos gozamos vendo como estes pequenos artistas movían os personaxes e dramatizaban o enredo. Ao final ata nos deixaron tocar a arrepiante araña que desencadea a intriga e deleitáronnos cunha segunda actuación mellor ca primeira. Graciñas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario