O venres tivemos a nosa última clase do
obradoiro de cociña. Despedímonos celebrando os aniversarios do verán. Paula
cumpre cinco anos en xullo e Laura en agosto. Nesas datas non hai escola e,
como non queremos quedarnos sen festa, decidimos adiantalos un pouquiño. Nesta
ocasión tamén optamos por facer dúas tortas e xogar a repartir as cinco candeas:
tres e dúas, catro e unha, cinco e ningunha…
Ao aumentar o número tamén
aumentan as opcións … ¿sabedes xa por cal optamos?...
Pero o que máis nos gustou foi botar os
fideos de cores para adornalas. Como se parecían moito aos “pos máxicos” que trouxeramos
do Salón do Libro cando cociñamos o batido
máxico de amorodos, pensamos que tal vez volverían a facer efecto. Ángela atopou
o listado que redactaramos e volvemos a pedir: calma, felicidade, tranquilidade,
valor … pero sobre todo, saúde moita saúde para as nosas familias, e traballo
que tanta falta fai nestes tempos de crese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario