miércoles, 13 de junio de 2012

LIBROS DE COCIÑA

O pasado luns dedicamos a nosa visita semanal á biblioteca escolar a localizar os libros de cociña. Neles descubrimos multitude de receitas: sinxelas, divertidas, temáticas, para festas, sen lume, con froitas… Coma sempre, ademais de gozar vendo as ilustracións e decidindo cal nos gustaría realizar para o vindeiro curso no noso obradoiro de cociña, reflexionamos sobre como están organizados os exemplares, cal é a súa pegatina e como temos que facer para buscar o que nos interesa. Para os que lles guste este tipo de lecturas, aquí lle deixamos o enlace á guía de lecturas saborosas do curso pasado, e o acceso directo aos libros de cociña do noso catálogo virtual clicando aquí. Se queredes xogar a crear caras con alimentos como os da imaxe, picade en “caras cociñeiras”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario