Como
xa sabedes, Félix está pasando o terceiro trimestre en Roma e axudándonos a
coñecer esta cidade e o país ao que pertence. A través do obradoiro de cociña mergullámonos
tamén na súa gastronomía, aínda que, coma sempre, adaptándoa ás idades dos pequenos
e os seus recursos. En semanas anteriores experimentaramos coas pizzas e os
xeados, hoxe tocoulle á pasta. Lazos de pasta, tomate, cenoria, atún, xamón
cocido, aceite, vinagre, sal… botamos de menos as olivas pero, como non tiñamos,
apañamos cun toque extra de vinagre de Módena e ¡a comer!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario