A semana pasada completamos o mes de xullo
cun “Autorretrato”
do artista e onte, o de agosto, coa obra “Adoración dos Reis Magos”. Coma sempre buscamos nos diferentes libros cada cadro pero
non sempre hai imaxes deles en todos os exemplares. O que gusta máis aos nenos
é recoñecer nas ilustracións as obras que xa traballamos e lembrar o seus
títulos. Pero o feito de atoparnos co rei Baltasar nunha pintura de Velázquez
deunos moito do que falar.
martes, 26 de mayo de 2015
lunes, 25 de mayo de 2015
NA HORA DE LER… ¡PELÍCULAS!
A semana pasada xa rematamos de ler todos os
contiños dos Irmáns Grimm que tíñamos na nosa bolsiña de lecturas. Como non nos
dera tempo de substituílos por outros, decidimos mirar no recuncho que temos
montado na biblioteca dedicado a estes
autores. Comprobamos que, ademais de libros, hai un montón de DVDs con títulos
que descoñecíamos: “Los tres pelos de oro del diablo”, “La bola de cristal”, “La doncella de los
gansos”, “Los dos hermanos”… e outros moitos que coñecíamos a súa versión
impresa pero non a película: “El satrecillo valiente”, “Los músicos de Bremen”…
Sen dubidalo comezamos a escoller cal visionar primeiro. As que vimos ata agora
gustáronnos tanto que optamos por dedicar durante uns días a hora de ler ás
películas dos Irmáns Grimm.
sábado, 23 de mayo de 2015
viernes, 22 de mayo de 2015
UN RECREO ESPECIAL
Hoxe, á hora do recreo, o vento toleirón
sopraba con forza. Cando fomos buscar a mangueira para regar e evitar que o
aire levantara a area e entrara nos ollos, descubrimos que xunto ao invernadoiro
a herba estaba cortadiña e a temperatura era ideal. Inmediatamente decidimos cambiar
o noso campo de xogo para esa zona. Ao principio, os pequenos estaban
descolocados no novo espazo pero, tras uns minutos de adaptación, mirade nas
fotos que ben o pasaron enredando na herba.
jueves, 21 de mayo de 2015
A RAÍÑA DONA MARIANA DE AUSTRIA
Dende que vimos o cadro de “As Meninas” e
varios contos que teñen á infanta Magarita como protagonista, este personaxe
histórico gustou á maioría dos cativos. En diferentes obras de Velázquez recoñecimos
ao seu pai o rei Felipe IV e ao seu medio irmá o príncipe Baltasar Carlos. Faltábanos
a súa mamá, a raíña dona Mariana de Austria, pintura que eliximos para ilustrar
o mes de xuño no calendario escolar que estamos elaborando. Son varios os libros que temos onde aparece recollida esta obra e o luns na nosa visita á biblioteca
escolar estivemos buscándoa en todos. Pero, sen lugar a dúbidas, o exemplar que
Mencía compartiu connosco foi onde a puidemos observar con máis detalle.
miércoles, 20 de mayo de 2015
UN ALIMENTO ESPECIAL…
Hoxe Adrián trouxo para compartir connosco un
agasallo que lle deron á súa familia. Tratase dun pretzel alemán. Limos a
información que nos aportou a súa mamá e descubrimos que se trata dun tipo de galleta ou bolo con forma de lazo e cun
sabor lixeiramente salgado. Escoitamos
no ordenador como se pronuncia esa palabra e intentamos reproducila. Vimos a
súa receita e falamos dos seus ingredientes. Á hora da merenda, despois de
observalo detidamente, partímolo en anaquiños e probámolo todos. ¡Que ben sabía
esa galleta salgada de Alemaña!...
Pero este non é o único alimento alemán que
temos no noso recuncho, Rita trouxo varios paquetes de chocolates de diferentes
sabores. Temos moitas ganas de probalos pero como están envasados podemos
reservalos e traballar un chisquiño ao redor deles primeiro. Moitas grazas ás familias por compartir connosco e axudarnos
a enriquecer o noso labor educativo.
lunes, 18 de mayo de 2015
A CASIÑA DE CHOCOLATE
Agora que o noso amigo Félix volveu a Alemaña, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levar ao noso obradoiro de
cociña un dos contos máis famosos dos Irmáns Grimm. Aínda que non calculamos
ben a cantidade de crema de cacao que necesitabamos e quedaron un pouquiño
escasas, o venres non deixamos nin unha casiña de chocolate sen comer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














