Esta semana queremos render unha pequena homenaxe a todos eses cans que constantemente axudan as persoas. Vímolo esta semana cando coñecemos a Fivi, pero paseniño iremos descubrindo moitos máis. Coma sempre propoñemos unha receita sinxeliña, ten coma base unha filloa ou unha tortiña. Neste enlace tedes outra opción moi doada con pan de molde. E aquí outra un chisco máis complicada pero máis lucida. Para rematar vos deixamos un vídeo por se vos animades a facelo con plátano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario