Seguindo coa temática do Nadal, esta fin de semana propuxemos elaborar un saudable Papá Noel con plátano e fresa. Noa xa o cociñou. Mirade na foto que nos mandou que ben queda empregando unha mazá coma soporte. Nesta entrada tedes a receita e o vídeo con seu proceso de execución. E para as pequenas que non poden comer plátano, no seguinte vídeo tedes como facer un Santa Claus empregando queixo do tipo Mini Babybel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario