Félix ao igual ca nós, gústalle estar ben informado e procura ler o xornal todos os días. Como sabedes, este trimestre está en París e, como descubriu que esta é a semana da prensa, hoxe quixo ensinarnos algúns dos periódicos que se publican en Francia. Comprobamos que cada xornal ten un nome e un tipo de letra. Con eles vimos que unha mesma grafía pode facerse de diferentes modos. Dependendo de como estea escrita cústanos máis ou menos recoñecela, pero pouco a pouco, temos que ir acostumándonos a distinguilas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario