Antes de marchar de vacacións queríamos probar no noso obradoiro de cociña outro dos preparados culinarios de orixe francés: “o mousse”. O máis coñecido é o de chocolate pero nós optamos polo de amorodos por ser máis doado de elaborar. Ao principio todo estaba a saír de marabillas. Primeiro traballaramos a receita e os seus ingredientes. Despois puxémonos a cociñar. Abrimos un dos sobres de azucre e botámosllo á nata líquida. Mentres que a mestra Ángeles montábaa coa batidora, con Janet fomos cortando os amorodos, botándoos na fonte, engadíndolle o outro sobre de azucre… O desastre sobreveu ao mesturar os amorodos coa nata montada… o banco onde estaba apoiada a mestra abaneouse, a fonte moveuse e o seu contido… ¡ao chan!… Tras o desconcerto inicial e as risas posteriores, un anaquiño de patio mentres a mestra limpaba o desaguisado, volver a montar a nata que quedou no cartón, mesturala co resto de amorodos que salvouse do desastre, volta para a aula e a merendar mousse de amorodos accidentado pero rico,rico, rico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario