martes, 7 de febrero de 2012

UN AVÓ ESPECIAL


 Martiño  foi a París
nun cabalo gris
ao paso, ao trote,
ao galope, galope, galope. 
Este xogo de ás cabaliñas na perna aprendémolo a semana pasada na “hora de ler” no libro Un avó especial. O conto trata da enfermidade do Alzheimer pero tamén da enriquecedora relación entre netos e avós. O seu papel como transmisores de ditos, xogos e cantigas populares.
Como podedes observar nas fotos, pasámolo en grande con este sinxelo e tradicional xogo. Coma Rosiña, a protagonista do libro, tamén tivemos unha sesión de arrolos, somos chicos maiores, pero ás veces, gústannos as nanas e os mimos. Animádevos a realizar con eles na casa estes xogos e arrolos, veredes como tamén vós gozades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario