Ou mellor dito dúas, unha onte e outra
hoxe. Trátase de dous coelliños que viñeron a pasar a mañá connosco. O luns
todos queríamos collelo no colo e darlle mimos, pero pronto descubrimos que
eles senten de xeito diferente, teñen medo de nós e, coas súas fortes uñas,
poden rabuñarnos. María contounos que o dela chamase Blanquito e vive no
cortello da súa avoa, tróuxolle verdura para comer pero non probou nin un
chisco. Cando hoxe recibimos a Rayo, o coelliño de Martiño, xa tiñamos máis
experiencia nesto de coller coellos, sabíamos que era mellor que a mestra nolo
pousara no noso colo, enriba do mandilón, e despois acariñalo cando estivera
tranquiliño. O que aprendemos dende o primeiro día é que despois de tocar os
animais sempre hai que lavar ben as mans. “A hora de
ler” aproveitamos para ver o libro “O coello” que
ten moita información sobre estes animais domésticos.
Descubrimos que lles
gusta realizar as súas actividades nas horas do día con menos luz, pola mañá e
no serán, tal vez por iso o de Martiño tampouco quixo comer o penso. No libro
tamén vimos como son os seus órganos internos e o seu esqueleto. Nos seguintes
días seguiremos aprendendo cousiñas sobre estes mamíferos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario