Achegase o Día Mundial do Libro e para celebralo son moitas e variadas as actividades que desenvolvemos
esta semana no centro.
O mércores a profe Montse preparou para nós
unha espectacular sorpresa na biblioteca. Coa axuda do mestre Jose foi enchendo
unha gran tarteira cuns ingredientes moi especiais: ilusión, fantasía,
imaxinación …
Paseniño foi cociñando contos para que puideramos degustar a
historia do “Gato Lambón”
e coñecer, a través de monicreques, a fermosa lenda de San Xurxo. Música,
cancións, risas e, para rematar, un petisco de nubes colmadas de soños.
Pero as sorpresas comezaron antes do
contacontos. Dúas mamás da ANPA chegaron cargadas de plantas para todos e unha
caixa de contos para a biblioteca escolar. Deste xeito fixeron participes a
toda comunidad escolar da fermosa tradición de celebrar o Día do libro regalando
unha flor e un libro. ¡Graciñas pola vosa xenerosidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario