Para darlle a benvida á primavera, en
diferentes zonas de Galicia celebrase a festa dos Maios. Na nosa escola tamén
nos unimos a esta tradición e todos os anos confeccionamos un Maio. Trátase
dunha construción de canas que se reviste de fiúncho e se decora con flores,
ovos e laranxas. Este curso realizarémolo o venres 29 pero xa empezamos a
ensaiar as cantigas e a preparar as diferentes actividades que se realizarán o
seu redor.
Unha delas será unha exposición fotográfica baixo o
lema “A min gústame ler en …” coa idea de conmemorar o Día do Libro que se
celebra este sábado 23. Para organizala, hoxe os meniños levaron para casa unha
folliña cun debuxo dun libro aberto no que deberán escribir o nome do seu lugar
favorito para ler: a cama, a terraza, a praia, o salón … Nela tamén deberan pegar unha foto deles lendo
no lugar escollido ou se o preferides podedes enviala a escoladeleiro@gmail.com e xa a
imprimimos nós na escola. Lembrades que se queredes participar tedes que
entregala antes do 26 de abril.
No hay comentarios:
Publicar un comentario