Como xa vos
comentamos na entrada anterior, co gallo do día do libro foron moitas as
actividades que se desenvolveron no centro a semana pasada. Unha moi especial
foi a saída a Pontevedra a ver o concerto-teatro “15 primaveras” patrocinado
por Afundación.
Nel o grupo musical Mamá Cabra fixo un percorrido pola súa historia e as súas
mellores cancións para celebrar o seu quince aniversario.
Pero sen lugar a
dúbidas a favorita dos rapaces foi a que traballaron coa mestra Olalla e que os
deixamos a continuación.
Despois de repoñer
forzas cos bocadillos, continuamos coa segunda parte da nosa excursión, a visita o Café Moderno e o obradoiro “Arquitecturas emocionais”. A través da súa
mascota, Modernio, explicaron aos cativos como rehabilitaron o edificio, xogaron
a identificar coas mans os materiais empregados e expresaron as emocións que os
diferentes espazos producían. Ata fixeron de arquitectos por un día e deseñaron
a súa propia habitación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario