O venres continuamos coas nosas actividades
para conmemorar o día do libro cunha xornada repleta de propostas. Para quentar
motores comezamos a mañá realizando marcapaxinas conmemorativos con ilustracións
alusivas á “Lenda de San Xurxo”.
Mentres, no Local Social uns mestres moi
especiais chamados PANS andaban a argallar un obradoiro de cociña do máis
nutritivo. Cando todo estivo listo pasamos e explicáronnos que PANS é a
abreviatura de Profesores da Alimentación e da Nutrición Saudable.
A través de diferentes
xogos foron ensinándonos as avantaxes de comer peixes e outras especies mariñas.
E como na escola non temos onde gardar estes produtos sen que se estraguen, mostráronnos
como preparar un espectacular bocadillo con conservas: Atún, mexillóns, sardiñas,
chocos … enriquecidas con leituga, tomate, cenoria … Cada cativo puido elixir os
seus ingredientes favoritos ata poñerlle as pilas o seu bocata.
Despois de repoñer forzas con esta saudable
merenda, continuamos co noso programa mergullándonos na lingua inglesa coa
actuación KID´S & US. Con elas celebramos o aniversario da raíña de Inglaterra
e practicamos diverso vocabulario na
lingua da súa maxestade.
Non podíamos rematar un día
tan sinalado sen facer mención a “Don Quijote de la Mancha” no 400 aniversario
da morte de Miguel de Cervantes. Da man de “Las Tres Mellizas” viaxamos no tempo e visitando este enlace
vimos a aventura dos muíños
No hay comentarios:
Publicar un comentario